CAMPAÑA DE DOAZÓN DE SANGUE EN CULLEREDO

 A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará situada o vindeiro mércores 16 de maio, en horario de 16.00 a 21.00 horas, en Tarrío, fronte á Casa do Concello.

 O Centro de Transfusión de Galicia, grazas o emprego das unidades móbiles intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadáns, pero precisa a  colaboración neste esforzo de achegar a información e as facilidades á doazón. Sen a implicación de todos e imposible acadar as 500 doazóns de sangue diarias que precisan os nosos hospitais.

Publicado en EVENTOS, NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario

CARREIRA POLA RIA DO BURGO

Fomentar un estilo de vida saudable a actividade deportiva ao aire libre e poñer en valor unha contorna dun inmenso valor medioambiental que agarda desde hai anos a rexeneración e o saneamento das súas augas, son obxectivos marcados con este acto.

O Burgo será o escenario, o domingo 6 de maio, dunha nova proba deportiva popular na área metropolitana da Coruña,  a primeira edición da ‘Carreira pola ría do Burgo’.

O paseo marítimo que parte da desenvocadura do río Mero para chegar ao mesmo termo municipal da Coruña conforma boa parte dun circuíto dunha fascinante beleza paisaxística.
O trazado chega incluso ata o concello de Cambre, para dar volta e dirixirse ao interior de Culleredo por un coidado paseo fluvial. Ademais, tanto a saída como a chegada ten lugar nun dos enclaves máis importantes da localidade, un Xardín Botánico no que se conservan centos de especies autóctonas no propio paseo da ría.

Publicado en ACTOS, NOVAS, SAUDE PÚBLICA | Etiquetado | Deixar un comentario

DIA INTERNACIONAL DA ASMA

O 80 por cento dos casos de asma son producidos por alerxias, segundo explicou o alergólogo  José Vigaray Conde, con motivo da celebración este martes día 1 de maio do Día Internacional da Asma. Na súa opinión, os alérgenos máis responsables desta situación son “o polen, os animais, os fungos e os ácaros do po”.

O experto explicou esta situación afirmando que, a pesar de que este ano en concreto os niveis de polen na época das cupresáceas e as arizónicas non foi moi elevado, “os pacientes estiveron moi sintomáticos porque houbo niveis de contaminación moi altos”. “A polución inflúe”, asegura, xa que o polen “é moito máis alerxénico asociado á contaminación das partículas diesel da combustión dos automóbiles”.

Vigaray Conde, que lembra que a asma é unha enfermidade que “afecta fundamentalmente aos nenos e adultos novos”, asegura tamén  que “en torno ao 5 por cento da poboación xeral padécea” sexan ou non conscientes os enfermos. En concreto, esta patoloxía “é unha enfermidade crónica, e con tendencia hereditaria, das vías respiratorias, causada pola inflamación dos bronquios”, resume.

En canto á súa maneira de manifestarse, o especialista subliña o síntoma de “a tose seca con predominio pola noite ou durante a realización dun exercicio”. Ademais, asóciase esta patoloxía á rinoconxuntivite alérxica, que provoca “inflamación nasal e conxuntival”. De feito, considera que “entre un 35 e un 40 por cento dos asmáticos sofren estas complicacións”.

O DIAGNÓSTICO PRECOZ “É ESENCIAL” PARA Os EXPERTOS

Tamén se pode producir unha asma máis severa no que os síntomas sexan máis intensos como “a sensación de opresión no peito, a dificultade para respirar ou unha especie de asubío ou asubío emitido pola boca ou o nariz”, aclara  o doutor Vigaray Conde. Con todo, tanto para este grupo de pacientes como para os máis liviáns, “o primeiro é saber que se ten asma. O diagnostico precoz é esencial”, subliña. “Hai un infradiagnóstico moi importante e moitos pacientes con síntomas sutís de tose que descoñecen que son asmáticos”. Por esta razón, considera que hai que acudir á consulta do alergólogo ou neumólogo cos  primeiros síntomas para que se poida atender ao paciente.

O tratamento non é o mesmo para cada persoa, xa que para o máis leve aplícase o paliativo ou sintomático. Este emprégase para que o paciente teña menos síntomas e menor inflamación nos bronquios, polo que se empregan corticoides e broncodilatadores inhalados.

Doutra banda, nos casos de pacientes de asma alérxica, o mellor tratamento, se non pode evitarse a exposición ao alérgeno en cuestión, é a vacina ou a inmunoterapia. Con todo, se estas medidas non son aplicadas a tempo no enfermo, a asma pódese cronificar e, mesmo, producirse episodios de broncoespasmos con gran dificultade para respirar.

Publicado en NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario

Establécese o copago para próteses, produtos dietéticos e transporte sanitario non urxente

Tal e como publicou este martes o Goberno no Boletín Oficial do Estado (BOE), as comunidades autónomas deberán adaptarse ao copago farmacéutico segundo renda antes do 30 de xuño.

Podes descargalo premendo AQUI

Segundo a nova norma, “a achega do usuario será proporcional ao nivel de renda que se actualizará, como máximo, anualmente”. Desta maneira, os activos cunha renda igual ou superior a 100.000 euros deberán facerse cargo dun 60 por cento do prezo dos medicamentos, reducíndose ao 50 por cento se a renda compréndese entre os 18.000 e os 100.000 euros, e ao 40 por cento para as persoas cuxa renda sexa inferior aos 18.000 euros.

Os pensionistas, tamén deberán cofinanciar o custo dos medicamentos cunha achega do 10 por cento do prezo do fármaco. Con todo, se a pensión do asegurado alcanza os 100.000 euros este deberá abonar o 60 por cento do custo, asemellándose así aos activos co mesmo soldo.

En canto aos usuarios de próteses, produtos dietéticos e transporte sanitario non urxente a obrigatoriedade de cofinanciación será por renda tendo en conta os baremos establecidos. Segundo o BOE, “a porcentaxe de achega do usuario rexerase polas mesmas normas que regulan a prestación farmacéutica, tomando como base de cálculo para iso o prezo final do produto e sen que se aplique ningún límite de contía a esta achega”.

 As medidas adoptadas en canto a estes servizos entrarán en vigor cando se esgote o prazo de 6 meses disposto polo executivo a partir da aprobación do Decreto lei .Por iso, establecerase un Consello Interterritorial ó rematar o prazo fixado.

 

Publicado en NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario

COÑECES O PARKINSON?

Publicado en EVENTOS | Etiquetado | Deixar un comentario

SPOT PUBLICITARIO PARKINSON

Dende a Concellaría, seguimos coa sensibilización na Campaña polo día Mundial do Parkinson.

Podes premer AQUI?

Publicado en NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario

Foro parkinson: respostas

Nº de preguntas: 20

Pregunta 1:Hai algún tratamento que se estea investigando e con posibilidades de poder curar a enfermidade algún día? Grazas.

Resposta: Non existe ningún tratamento que cure a enfermidade hoxe por hoxe. Esperemos que no futuro isto ocorra pero o primeiro que temos que saber é a causa da enfermidade que hoxe tampouco coñecemos.

Pregunta 2: La enfermedad de Parkinson es una enfermedad genética? Se puede prevenir?

Resposta: Dentro dos enfermos con Parkinson, hay un grupo que corresponde entre 10-15% que teñen máis dun enfermo afecto na familia, que pode haber distintas xeracións con membros afectados. Este grupo de enfermos cando se lle fai un estudo xenético teñen unha alteración xenética concreta. É frecuente que neste grupo sexan enfermos máis novos ca o habitual. Pero o mesmo tempo, a pesar de empezar moi pronto, teñen unha evolución bastante estable durante o longo da súa vida. Hai algúns tipos de Parkinson onde domina unha alteración xenética concreta que se chama -o xen da dardarina- (temblor en vasco) por ser descrita no País Vasco pero tamén é moi frecuente no norte de África e nalgunhas comunidades do norte de España. Hoxe por hoxe non se pode prevenir pero si diagnosticala precozmente en membros da familia que aparentemente non teñan síntomas habituais pero si algúns síntomas que non se relacionan normalmente coa enfermidade. En estudos realizados a familiares que estaban asintomáticos podes encontrar que están xa afectos aínda que non teñan síntomas evidentes.

Pregunta 3: Boas tardes. Ao meu marido diagnosticáronlle Parkinson hai uns meses e está moi preocupado por se lle afectará para as relacións sexuais. Pode ter repercusión neste tema? Grazas.

Resposta: Nalgúns casos pode haber alteracións sexuais tanto da alteración da líbido como nalgúns casos pode haber aumento da sexualidade. Neste caso sempre débese ter coidado cos tipos de tratamentos que se están tomando, pois pode afectar neste sentido.

Pregunta 4: Cuál es la incidencia de Parkinson en Galicia? Y en relación al resto de España?

Resposta: La incidencia de Parkinson en Galicia es aproximadamente 200-250 casos por cada 100.000 habitantes. Como Galicia es una comunidad con una tendencia importante al envejecimiento se prevé un aumento de la incidencia de la enfermedad. La incidencia es similar al resto de España pero las comunidades que tienen una población más vieja tendrán un aumento de la incidencia que en comunidades que tengan poblaciones más jóvenes.

Pregunta 5: Que é o parkinson

Resposta: Es una enfermedad degenerativa que se produce por la muerte neuronal en una determinada zona del cerebro que se llama la -sustancia negra- y como consecuencia de esta pérdida neuronal se produce una dismínución de un neurotransmisor que se llama dopamina. Al disminuir este neurotransmisor más de un 50% aparecen los síntomas de la enfermedad (síntomas motores, temblor, rigidez, lentitud).

Pregunta 6: Sra. Guillín: Pediríalle que me dixera que enfermedade ten (ou como defina o que lle afecta). Pero non seu nome… ¿que lle pasa?. como lle afecta na vida cotidiá (limitacións ?). ¿Está vostede enferma? ¿É vostede unha enferma? grazas,bicos

Resposta: Teño a enfermidade de Parkinson. Esta enfermidade aféctame de seguinte forma: se non tomo o tratamento que teño que tomar estou ríxida, lenta e temblo. Todo isto provócame psicoloxicamente estar malhumorada e con baixóns de ánimo. A miña vida deu un cambio radical dende que vivo con esta enfermidade dende a miña orde de prioridades.Síntome máis realizada como persoa agora aínda que ata chegar aí non foi moi doado. Non me considero unha enferma; co Parkinson descrubrín cousas moi boas aínda que houbo momentos malos pero procuro deixalos atrás e intentar pensar de forma positiva. Unha vez que recoñecín que tiña Parkinson saqueime un gran peso de encima. O crear a Asociación influiu positivamente, coñecín moita xente que me ensinou moitas cousas, a máis importante, a solidaridade.

Pregunta 7: Como se detecta? A que idade pode aparecer? Tratamento para o parkison? Unha persoa que padece parkison, que pode facer para curar ou estancar a enfermidade?

Resposta: A enfermidade pode debutar con distintos síntomas: con temblor, lentitude para as tarefas habituales, dificultade para camiñar ou dificultades para expresarse. O diagnóstico deste problema faise coa historia clínica e coa exploración do enfermo. Non hai ningunha proba que diagnostique a enfermidade. A idade máis frecuente de aparición é entre os 55 e 60 anos pero un grupo pequeno de persoas teñen a enfermidade por debaixo desa idade, aproximadamente o 15%. O tratamento vai depender segundo cada enfermo; non hai enfermos iguais polo tanto non hai tratamentos iguais. Hoxe por hoxe non se pode curar a enfermidade pero si tratar, canto mellor tratado estea, mellor será a evolución da enfermidade. Por este motivo debe ter contacto cun neurólogo.

Pregunta 8: Sra. Guillín: Pediríalle que me dixera que enfermedade ten (ou como defina o que lle afecta). Pero non seu nome… ¿que lle pasa?. como lle afecta na vida cotidiá (limitacións ?). ¿Está vostede enferma? ¿É vostede unha enferma? grazas,bicos

Resposta: Esta pregunta xa foi contestada anteriormente. Consulte a páxina web.

Pregunta 9: Dr.Castro cos medios dos que dispoñemos en Galiza: que avalización faría deles. Xa non no que se refire a presupostos para investigación…, refírome especialmente os recursos dos que dispoñemos, polo menos co que contamos ¿considera que pode existir unha administración inadecuada deles?

Resposta: En Galicia actualmente hai servizos de neuroloxía en todas as provincias e incluso máis dun en algunhas delas, con especialistas competentes, todos cunha formación MIR co cal se garanta unha boa formación destes profesionais. En canto aos recursos, nunca son suficientes pero considero que na nosa comunidade hai recursos adecuados neste sentido. Nos grandes hospitais da nosa comunidade, dentro do servizo de neuroloxía, hai determinados profesionais dedicados especificamente a esta enfermidade, o cal garante unha boa asistencia aos enfermos.

Pregunta 10: En qué consiste la cirugía para tratar el Parkinson?

Resposta: Consiste en implantación de electrodos en una estructura del cerebro denominado núcleo subtalámicos, que va conectado a una batería y que después de una programación adecuada, hace que los enfermos mejores de una forma significativa. La intervención se realiza con el enfermo despierto porque durante el acto operatorio es imprescindible comprobar con esa actitud si la implantación es adecuada o no, verificando si la estimulación produce efectos beneficiosos o efectos secundarios. La cirugía está indicada en pacientes que lleven como mínimo 5 años de evolución y que no tengan un buen control clínico con los fármacos convencionales por vía oral. Para esta selección se realizan una serie de pruebas que están protocolizadas y que nos indicarán si un enfermo es adecuado para ser intervenido o no.

Pregunta 11: Gustaríame saber se co tratamento que hai hoxe en día unha persoa con Parkinson pode vivir o mesmo cos demais e tamén se inflúe na evolución da mesma o empezar antes ou despois co tratamento, sabendo que parece ser que de momento non hai nada que o cure. Grazas.

Resposta: En principìo, a expectativa de vida enfermo de Parkinson é practicamente similar ás demais persoas. Un tratamento precoz e un seguimento adecuado da enfermidade fai que a evolución da enfermidade sexa mellor aínda que a evolución de cada enfermo pode variar duns a outros. Non hai enfermos iguais.

Pregunta 12: Escoitei na radio o outro día que o Parkinson está asociado coa depresión e que moitas veces empeza desta maneira. Deberíamos, pois, ir ao neurólogo se vemos que estamos deprimidos sen saber por qué e non nos pasa? Máis ou menos é o que viñan a dicir na radio.

Resposta: Na enfermidade de Parkinson hai síntimas motores que son os que a maioría da xente coñece: temblor, rixidez, lentitude… pero tamén hai outros síntomas non motores como son o estreñimento, alteracións do sono, alteración do olfato, trastornos urinarios e un dos máis frecuentes é a depresión. A veces a depresión antecede varios anos aos síntomas motores habituais. Isto fai que sexa difícil de coñecer se unha persoa vai ter ou non unha enfermidade de Parkinson. O habitual é que a depresión sexa unha enfermidade de orixe psiquiatrica, motivo polo que debe sempre acudir ao psiquiatra e algúns dos casos que teñen depresión, pode ser que no futura desarrollen unha enfermidade de Parkinson.

Pregunta 13: mi madre esta diagnosticada de Parkinson desde hace 11 años, y cada vez se inclina más hacia el lado izquierdo, llegando cuando esta sentada, a tocar con la cabeza en el apoya brazos de la silla , y cuando vamos en coche, se cae hacia el lado del conductor, ¿esto es por la evoluciion de la enfermedad, o por algun desajuste en la medicación?

Resposta: Dentro de la evolución de la enfermedad de Parkinson puede haber una inclinación hacia un lado, esto es lo que se denomina Síndrome de Pisa. En algunos casos, si el tratamiento no está suficientemente ajustado, puede manifestarse esta situación y con la corección adecuada de su tratamiento puede mejorar este síndrome.

Pregunta 14: Cando unha persoa ten a enfermidade moi avanzada segue mantendo as súas capacidades intelectuais intactas (razoamente, compresión, coñecemento…) ou tamén estas se ven deterioradas?

Resposta: A maioría das persoas que teñen a enfermidade avanzada non teñen por que ter alteracións cognitivas, só un grupo pequeno de enfermos poden desarrollar deterioro cognitivo. O termo de enfermidade avanzada pode entenderse desde o punto motor o desde o punto de vista non motor. Isto quere dicir que as persoas poden estar avanzadas desde o punto de vista motor e non ter síntomas non motores, entre eles, a demencia.

Pregunta 15: La enfermedad de Parkinson afecta a todas las razas y grupos sociales por igual?

Resposta: En general podríamos decir que sí. Hay algunos estudios donde determinados grupos de población de órigen asiático y de color que hablan de un menor incidencia de la enfermedad.

Pregunta 16: cual é o papel da familia, dos amigos para axudar o/a enferm@ e gostaríalles dar algunha recomendación para millorar o entendemento? (moitas grazas)

Resposta: O papel da xente que está ao arredor é fundamental. É importante que os membros da familia se informen para poder así entender mellor o que está sucedendo co enfermo. O apoio e a comprensión son fundamentais para os enfermos. Os enfermos pedimos que os que temos ao arredor nos escoiten, se acerquen ás asociacións, a falar co especialista que leve a ese paciente e que teñan en conta que a noticia da enfermidade chega a trocar piscoloxamente a vida dunha persoa. O cariño e a comprensión son básicos.

Pregunta 17: a resposta a pergunta nº 14 paréceme moi importante, pero confúndeme os termos motor e non motor, creo que ten moita importancia e na medida do posíbel prégolles non deixala nesa confusión (moitas grazas e desculpas anticipadas de non ser procedente).

Resposta: Motor refírese a signos que se ven como temblor, rixidez, lentitude para as actividades da vida diaria, para camiñar, etc. Os síntomas non motores refírense a aqueles síntomas como son a depresión, ansiedade, alteración do olfato, estreñimento, alteracións urinarias, alteracións do sono e o deterioro cognitivo (demencia).

Pregunta 18: Creen ustedes que algún día tendremos una cura para esta enfermedad?

Resposta: Por suposto que sí. Temos esperanza en que poucos anos haxa tratamentos ou métodos tecnolóxicos que nos poidan axudar a curar a enfermidade aína que o principal será descrubrir a causa ou causas que a producen.

  Pregunta 19: Qué es el Parkinsonismo y en qué tiene que ver con la enfermedad de Parkinson?

Resposta: Parkinsonismo se refiere a una serie de enfermedades o síndromes que tienen síntomas comunes y parecidos a la enfermedad de Parkinson. Dentro de las Parkinsonismos, uno de los más frecuentes son los producidos por fármacos que habitualmente se utilizan para multitud de enfermedades, digestivas, cardiológicas, vértigos, etc.. Este tipo de Parkinsonismo desaparece en cuanto se retira el fármaco responsable. Otros Parkisnonismos frecuentes son los producidos por determinadas enfermedades que pueden ser hereditarias o no hereditarias y que tienen síntomas similares a la enfermedad de Parkinson. Dentro de la clasificación de los Parkinsonismos hay otras causas como pueden ser de orígen traumático, infeccioso, tumoral, metastásico, metabólicas, vasculares, intoxicaciones, etc. Pero una de las más frecuentes dentro de la clasificación de síndrome parkinsonaiano está la enfermedad de Parkinson.

Pregunta 20:   Existen axudas ou apoios para os coidadores de enfermos de Parkinson?

Resposta: Desde a nosa Asociación podemos ofrecer información, axuda psicolóxica, conferencias con expertos, xuntanzas e comidas con outros coidadores e enfermos. Tamén se ofrece a posibilidade de participar activamente na asociación. A Asociación ofrece a posibilidade de que os coidadores lles comuniquen as súas necesidades. Para máis información poden contactar coa asociación a través do e-mail: noneusoa@yahoo.es ou no teléfono 649 115 151.

Publicado en NOVAS | Etiquetado | Deixar un comentario