VERQUIDO QUEROSENO NA RIA DO BURGO

A  mancha de contaminación que deixou na Ria do Burgo o verquido de 37.000 litros de queroseno o pasado venres, segundo nos informan desaparecerá da superficie na xornada de hoxe.

A zona máis afectada da  ría, á altura da ponte romana que conecta os concellos Cambre e Culleredo, e as marxes do regato de Pelamios están sendo controladas polo persoal mobilizado pola activación do Plan Territorial de continxencias para a contaminación marítima. As tarefas desenvoltas polos integrantes do operativo consisten na recolocación das barreiras absorbentes no entorno da ría, (adaptándoas os cambios nas mareas e mesmo engadindo novas),  na  limpeza das bolsas de combustible que se atopaban no  regato,  e no desbroce dos terreos próximos ás marxes do cauce fluvial, para proceder á retirada da terra contaminada pola empresa autorizada.

No que atinxe á fauna, dende o pasado venres as aves afectadas están a trasladase ó Centro de Recuperación de Santa Cruz en colaboración con ADEGA, que recorre a zona para detectar os casos.

A Consellería do Mar intensificará as análisis en moluscos e os  resultados coñecerémolos en dúas semanas, pola súa complexidade.   Realizarán tamén os habituais sobre a calidade da agua. Estase a controlar tamén a Calidade do Aire.

Achegarémosvos os resultados pero podes seguilos tamén dende os enlaces dos que dispos nas distintas pestanas  de Sanidade Ambiental ou mesmo premendo AQUÍ e AQUÍ

Advertisements
Estas entrada foi publicada en SAUDE PÚBLICA coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s