VIII DÍA MUNDIAL DO LINFOMA

Os médicos diagnostican uns 6.000 novos casos de linfoma cada ano en España, dos que se curan o 80 por cento. Con todo, só o 5 por cento da poboación sabe que é un linfoma e pode, por tanto, recoñecer os seus síntomas, segundo a Asociación Linfoma, Mieloma e Leucemia (AEAL), que destaca co gallo do VIII Día Mundial do Linfoma, que se celebra este xoves, 15 de setembro, a importancia de coñecer as características deste cancro para poder detectalo precozmente.

Informar e concienciar sobre o linfoma é o obxectivo da campaña ‘Podería ser Linfoma. Infórmate’, presentada hoxe en Madrid pola presidenta de AEAL, Begoña Barragán, e o doutor Mariano Provencio, representante da Sociedade Española de Oncoloxía Médica (SEOM).

Para Barragán, é clave que a poboación coñeza a existencia deste cancro, que non pode previrse e ante cuxos síntomas, que poden confundirse cos doutras enfermidades menos serias, se debe acudir ao médico de inmediato, pois é fundamental o tratamento temperán. Ao seu xuízo, o linfoma é un dos tumores aos que menos atención se prestou na Estratexia Nacional contra o Cancro do Sistema Nacional de Saúde (SNS).

Con todo, para salvar vidas no caso desta enfermidade, é vital que o médico de Atención Primaria estea atento aos seus síntomas e que exista unha boa coordinación entre todos os niveis asistenciais.

No noso concello, tamén temos previsto realizar diversos actos. Así, o xoves entre as 16.00 e as 19.00 hs, no paseo Marítimo de O Burgo, colocaránse mesas informativas de AEAL para achegar información á cidadanía.

Remataremos a xornada con unha Mesa Redonda,  no Salón de Actos do Pazo Vila Melania, ás 19.30 na que se tratará o tema con diversos especialistas, pacientes, e familiares.

Ficades convidados. Podedes descargar o díptico da xornada AQUI

Advertisements
Estas entrada foi publicada en PREVENCIÓN coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s