CREACIÓN DO CONSELLO ASESOR DE PACIENTES

O Diario Oficial de Galicia (DOG) ven de publicar a creación do Consello Asesor de Pacientes, que será efectiva aos vinte días desta publicación.

Este órgano ten o obxectivo de dar voz ás asociacións de pacientes para que colaboren na mellora do sistema sanitario público galego, fomentando a participación e motivando á poboación para implicalos en temas de saúde.

Desta forma permitirá establecer un circuíto accesible e directo para que os cidadáns fagan chegar á Administración as súas necesidades, inquedanzas, solicitudes de información e as súas propostas de mellora.

Funcións
Entre as funcións máis destacadas deste Consello están asesorar sobre as necesidades de formación das asociacións de pacientes e sobre programas da Escola Galega de Saúde para os cidadáns; revisar e aconsellar sobre os materiais, documentos e instrumentos audiovisuais orientados a pacientes, así como as guías de información e os folletos de mellora da súa seguridade; participar nos programas de acollida do persoal de novo ingreso; orientar sobre o deseño dos espazos dos novos hospitais e centros de saúde para a mellora da súa accesibilidade e formar parte dos equipos de mellora, como os de hixiene de mans, atención de enfermidades crónicas e outros.

Composición e funcionamento
O Consello Asesor de Pacientes estará composto por un representante de cada unha das 70 asociacións de pacientes que o integran e estará presidido pola xerente do Sergas. Ademais, serán membros natos a directora da Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o director da Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas), así como un representante da Dirección de Asistencia Sanitaria e outro da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública.

O Consello reunirase, con carácter ordinario, unha vez cada seis meses para identificar obxectivos específicos, seleccionar estratexias de intervención e facer chegar á Escola Galega de Saúde para Cidadáns as necesidades de formación e información, así como as melloras que o Consello detecte.

Doutra banda, tamén poderán reunirse cantas veces considere oportuno a persoa titular da presidencia, por iniciativa propia ou da terceira parte dos membros do Consello Asesor de Pacientes.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS, SAUDE PÚBLICA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s