OBESIDADE INFANTIL: ALMORZOS SAUDÁBEIS

O 19,1% dos menores de seis a nove anos son obesos e un 26,1% ten sobrepeso, segundo o recente estudo de prevalencia ALADINO (alimentación, actividade física, desenvolvemento infantil e obesidade) da Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición.

Iso suma un 45,2% de nenos e nenas con quilos de máis. Culpables? O sedentarismo e os malos hábitos alimentarios, conclúen os investigadores.

O caso típico son nenos/as que ós 9 ou 10 anos consolidanse na categoría de nenos gordos, non especialmente traumatizados nin cohibidos, pero si limitados para correr ou xogar. O denominador común: Apenas almorzan, boa parte da súa alimentación baséase en bocadillos de embutido graso e entre comidas, chucherías.

Xa comezado o curso escolar,  non queremos perder esta oportunidade para recordar a toda a familia a necesidade de almorzar, para o rendemento escolar e para a vosa saúde.

¿Por que é importante almorzar?

  • O almorzo é a comida máis importante do día.
  • Cando te ergues pola mañá hai 10-12 horas que non comes e o teu corpo necesita alimentos e enerxía para estar en boa forma e preparado para toda a actividade que te espera: xogar, concentrarte na clase e estudar.

¿Que pasa se non almorzas?

  • Custarache máis atender ao profesor e facer as tarefas.
  • Aprenderás menos e con máis esforzo.
  • Sentiraste fatigado e estarás menos activo.
  • Sentirás máis apetito a media mañá e comerás máis (lambetadas, bolos que teñen máis graxa e azucre, refrescos…) O teu peso e a graxa corporal tamén aumentará.
  • Pode que non tomes o ferro e o calcio suficientes para os teus ósos e para ti.

¿Que pasa se almorzas?

  • Aprenderás máis rápido e mellor. Concentraraste máis.
  • Estarás máis activo. Estarás disposto a xogar e a ter máis actividade física.
  • Comerás mellor e de forma máis saudable.
  • Axudarache a manter o teu peso e a túa graxa corporal.
  • Permitirache manter un bo crecemento e desenvolvemento.

Pola mañá, non saias da casa co estómago baleiro. ¡¡Ponte en forma cun bo almorzo!!

¿Ten algo que ver o almorzo coa actividade física?

Si, porque se realizas algún tipo de actividade física sen tomar o almorzo podes sentirte fatigado e cansado. Recorda que o teu corpo necesita enerxía para se poder mover.

¿En que consiste un bo almorzo?

Para almorzar correctamente:

  • Déitate cedo para durmir as horas que necesitas
  • Levántate con tempo para disfrutar desta comida. Toma o teu tempo, polo menos 15 minutos.
  • Almorza sentado, á mesa, en familia e mellor sen TV nin consola.

Toma todos os días polo menos un alimento de cada un dos seguintes grupos:

Lácteos: 1 vaso de leite ou un anaco de queixo ou un iogur.

  • Se elixes queixo, procura que sexa fresco ou baixo en graxa.
  • Podes tomar leite quente no inverno e un bo vaso de leite frío no verán. Podes poñerlle cacao ou cereais, pero non tomes bebidas excitantes como o café.
  • O pediatra indicaravos os teus pais e a ti se debes tomar o leite e o iogur enteiros, semidescremados ou descremados

Cereais: tes moitos alimentos para elixir, pero ímosche dar algúns consellos:

  • Intenta tomar pan de panadaría, a ser posible integral. O pan do día anterior está moi bo se o quentas. O pan de molde adoita conter máis graxa, por iso evita tomalo todos os días.
  • Toma con frecuencia cereais integrais. Teñen efectos moi beneficiosos para ti.
  • Algúns alimentos envasados como os bolos e a pastelería industrial debes consumilos con moderación. Elixe os baixos en azucre, graxas e sal.

Froitas:

  • Toma unha peza enteira de froita fresca, para aproveitar mellor as súas calidades e a súa fibra.
  • Recorda que a froita de temporada está moito máis rica.
  • Cando queiras, podes engadir un zume natural.

Incorpora novos alimentos e novas receitas.

Outros alimentos tamén poden formar parte do almorzo como:

  • Froitos secos como as noces, figos…
  • Mel
  • Algúns alimentos proteicos como o xamón ou o fiambre de pavo.
  • Pan con aceite de oliva e tomate, queixo fresco e zume de vexetais.

Almorzos para cando vas mal de tempo.

Algúns nenos saltan o almorzo porque se deitan tarde, se erguen tarde e teñen pouco tempo. Se tes pouco tempo, o teu almorzo non será o mais adecuado. Pero algúns consellos poden axudarte:

  • Deixa preparado o que vas a tomar. A mesa posta do día anterior axudarate a aforrar tempo.
  • Toma un vaso de leite e leva para o camiño unha froita e cereais que sexan fáciles de tomar.
  • Proba queixo con froitos secos ou iogur con anacos de froita fresca, noces e pan.

¿Por que se aconsella tomar algo a media mañá?

É aconsellable comer regularmente e non pasar moitas horas entre comidas. Podemos tomar algo lixeiro, como unha peza de froita fresca un iogur ou un lácteo líquido; un bocadillo pequeno e para beber, auga.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en SAUDE PÚBLICA coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s