O experto responde: Día mundial do Alzheimer

Día mundial do Alzheimer

Rematado xa o foro “o experto responde” achegámosvos as preguntas que xurdiron e as respostas dos expertos:

  • Dr. Jose Manuel Aldrey Vazquez. Neurólogo especialista do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
  • D. Javier Hermida Porto, Coordinador de programas da Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer.
Pregunta 1:Como podo acceder a un centro de día especializado en alzheimer?
Resposta:o acceso a un centro de día especializado da rede pública faise a partir dos servizos sociais e da valoración da dependencia, ten que achegarse á traballadora social do centro de saúde ou do concello e lle informan do proceso. Nas nosas asociacións tamén lle informarán de como acceder. Tamén hai algunhas que xestionan algún centro propio ou outros servizos que lle poden resultar máis axeitados. outra opción son os centros de iniciativa privada que cada un ten os seus requisitos. Javier
Pregunta 2:Vivo no rural e teño un familiar con alzheimer, qué recursos teño?
Resposta:os recursos varían moito dunhas zonas a outras de Galicia. No tocante a recursos públicos, nalgúns sitios existen recursos, coma centros de día, centros de día especializados, unidades terapéuticas, etc. acceso que se solicita a través dos servicios sociais ou do centro de saúde. Tamén hai concellos que puxeron en marcha iniciativas para atender as persoas con demencia. Dende FAGAL traballamos en varias localidades do rural e temos profesionais que desenvolven diversos programas de estimulación e formación. De todos xeitos no rural galego queda moito traballo por facer, fan falla moitos máis recursos e axeitados a esta realidade. Javier
Pregunta 3:Qué diferencia hay entre el alzheimer y la demencia senil?
Resposta:O termo demencia senil fai referencia exclusivamente á idade de aparición dos síntomas da enfermidade. Esto é: se os síntomas aparecen despois dos 65 anos, trátase dunha demencia senil (se se presenta antes de esta idade, falamos de demencia presenil). A enfermidade de Alzheimer, independientemente da sua idade de presentación, é una enfermidade concreta, con síntomas característicos, alteracións cerebrais específicas, tratamento específico… A enfermidade de Alzheimer é a causa máis frecuente de demencia senil, o cal propicia que se confundan os termos, pero hai casos de presentación presenil. J Manuel.
Pregunta 4:Deben someterse os familiares a algunha proba diagnóstica para previ-la enfermidade de alzheimer?
Resposta:Na actualidade, ningunha proba diagnóstica permite un diagnóstico de precisión aplicada a familiares de pacientes coa enfermidade. A frecuencia de casos verdadeiramente hereditarios da enfermidade é moi baixa (menos do 2% do total), polo que non está xustificado facer probas xenéticas de modo indiscriminado. Só en casos moi seleccionados, tras evaluación especializada en Unidades de demencia ou consultas específicas, este tipo de probas poden ter unha indicación. Tampouco ofrece resultados aplicables a realización indiscriminada de probas de imaxen como a TAC cerebral ou a Resonancia magnética, e o mesmo podemos dicir das determinacións analíticas que se realizan no estudio dos pacientes coa enfermidade, xa que en ausencia de clínica non ofrecen resultados interpretables. A resposta é non, os familiares de pacientes con Alzheimer non deben someterse a probas diagnósticas para previ-la enfermidade. J Manuel.
Pregunta 5:Una persona que recibe tratamiento como enfermo de alzheimer puede resultar perjudicado en caso de estar mal diagnosticado si lo que padece es una fuerte depresión?
Resposta:Os tratamentos que se empregan na enfermidade son en xeral ben tolerados e comportan moi poucos efectos secundarios (de feito están deseñados para ser empregados en persoas de idade, con outras enfermedades asociadas…). É pouco probable que un tratamento de este tipo teña un efecto perxudicial. Os especialistas en Neuroloxía estamos moi alerta no momento do diagnóstico á consideración da depresión como unha das situacións que pode parecerse en algún aspecto ó inicio dun cadro de deterioración cognitiva. En moitos casos, por outra banda, a depresión é un síntoma acompañante da propia enfermidade de Alzheimer. J Manuel.
Pregunta 6:Es contraproducente para un enfermo de alzheimer saber que es ésta la enfermeda que padece?
Resposta:No existe unha soa resposta para esta pregunta. Como en calquera outro caso no que se debe dar una noticia que pode ter implicacións moi importantes para a vida dunha persoa, convén valorar moitos factores. En esencia, dependerá de cómo esperamos, polo coñecemento previo que temos desta persoa, que reciba e reaccione a esta información. Non sempre ás persoas desean ter toda a información sobre o que lles pasa, e neste caso debemos tamén respetar este dereito a non querer saber. A cantidade de información pertinente en cada caso depende tamén da situación persoal, responsabilidades, idade, e outros moitos factores que fan que en cada caso a resposta poda ser distinta. Hai que ter en conta que comunicar unha noticia de este tipo permite a unha persoa organizar a sua vida tendo en conta cal é a evolución esperable da sua condición.
Pregunta 7:Cree que se abrirán máis centro de atención a enfermos de demencia?
Resposta:O importante é a creación de recursos axeitados ás necesidades dos enfermos de alzheimer e os seus familiares. Este recursos poden ser tanto residencias, centros de día, unidades terapéuticas, servizos de atención domiciliaria, etc. A posta en marcha dun recurso ten un coste moi elevado e en casos non responde ao que precisan as familias. Sí fan falla máis recursos e cremos que as administracións son conscientes desta realidade (de ahí da creación da carteira de servizos que toca recursos específicos para enfermos de alzheimer) pero dependen dos orzamentos de benestar, falta ver como se traducen. Javier
Pregunta 8:Qué ventajas tiene pertenecer a una asociación de alzheimer?
Resposta:A pertenza a una asociación de alzheimer ofrece a posibilidade de entrar en contacto con outras familias que pasan ou pasaron o mesmo proceso polo que está vostede pasando, esta situación lévase mellor compartida e a experiencia e acompañamento son fundamentais. Ademáis as asociacións desenvolven para o enfermo programas de estimulación, respiro, etc. e para os familiares formación en coidados, grupos de axuda mutua, etc. Javier
Pregunta 9:Qué podo facer dende a casa para axudar ao meu pai con alzheimer?
Resposta:en primeiro lugar recomendaríalle que non pasase por esto so, achéguese a unha asociación de familiares onde lle poden asesorar e acompañar neste proceso que será longo. O que pode facer é primeiro coñecer a enfermidade para saber a que se enfrenta e facelo o máis relaxado posible. En segundo lugar aprender a realizar pequenos exercicios de estimulación, orientación a realidade ou pequenos exercicos de fisioterapia na casa. Javier
Pregunta 10:¿Cuáles son los primeros síntomas que se detectan? Si desconfías que algún familiar pueda estar empezando, ¿a dónde debe acudir? ¿Qué Asociaciones hay que te puedan informar?
Resposta:A enfermidade de Alzheimer, a máis frecuente das demencias, comeza xeralmente coma un problema de memoria, que se agrava co tempo, ó que se engaden progresivamente outros síntomas. Non todo problema de memoria ten que estar en relación con estas esfermidades, pero ante a presenza destes síntomas, o máis axeitado é consultar co médico de Atención Primaria, quen tras unha valoración poderá establecer se os síntomas son importantes e nese caso procederá á derivación a un especialista que realizará os estudios oportunos. É importante realizar un diagnóstico precoz da enfermidade polo que deben consultarse as dudas que se teñan ó respecto sen restarlles importancia ou esperando un tempo innecesario. J Manuel. En Galicia hai trece asociacións de familiares que traballan en todo o territorio galego e coas que se pode poñer en contacto, para localizalas pode mirar na páxina web da federación http://www.fagal.org, chamando ao noso teléfono 902 105 951 ou consultando a páxina da Escola Galega de Saúde. Javier
Pregunta 11:Falouse fai pouco de que hai unha vacina para o alzheimer. Qué opina diso.
Resposta:A chamada vacuna do Alzheimer é un tratamento de base inmunolóxica que pretende crear anticorpos que permitan ó doente de Alzheimer contrarrestar os efectos tóxicos do depósito dunha proteína alterada a nivel cerebral (chamada beta-amiloide). En 2001 fíxose o primeiro ensaio cunha vacuna que non pudo proseguir por efectos secundarios. Actualmente están en fase de ensaio clínico en pacientes, 3 -vacunas-. O resultado destes ensaios, que crean moita expectación, non se coñecerán ata dentro de 2-3 anos, cando concluian estes ensaios. J Manuel.
Pregunta 12:Buenas tardes, existe algun factor ambiental conocido que favorezca la aparcion de la enfermedad? .Gracias
Resposta:Actualmente non se dispón de datos concluintes sobre a existencia de factores ambientais que incidan na aparición da enfermidade, e por tanto non se pode facer ningunha recomendación sobre qué factores ambientais deben evitarse para previ-la enfermidade. J Manuel.
Pregunta 13:Hace unos dias, en la noche temática en la 2 : http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-noche-tematica/noche-tematica-misterio-del-alzheimer/1037719/ Nos cuentan que los antiinflamatorios comunes (como el ibuprofeno) tiene un efecto positivo en la prevención de la enfermedad pues observaron que pacientes de otras dolencias que requieren ese tratamiento no tienen casi incidencia de esta enfermedad, en el documental explican el porque (minuto 30). ¿Que hay de cierto en esto? ¿Si es cierto se esta investigando esta vía?
Resposta:Ensaios clínicos realizados con antiinflamatorios no esteroideos afíns ó ibuprofeno NON demostraron ningunha utilidade en previ-la enfermidade, por canto que os pacientes que os recibían no ensaio non presentaban menores tasas de desenvolvemento da enfermidade nin tampouco diferencias na intensidade da mesma. Este tipo de fármacos non poden recomendarse según estos resultados para previ-la enfermidade. J Manuel.
Pregunta 14:Boas tardes. Gostariame saber a que se debe esta enfermidade e se e posible previla. Moitas grazas polo seu traballo
Resposta:Descoñecemos cal é a causa primeira que orixina a cadea de danos que se desenvolven no cerebro dun paciente con e de Alzheimer, ainda que sábense moitos detalles de cómo este dano se produce e sábese tamén que o fai por varios mecanismos distintos. Respecto á prevención, medidas que están na nosa man son controlar os niveis de colesterol e azúcar no sangue, así como a presión arterial, e seguir unha dieta rica e variada, e realizar exercicio físico regular e actividade intelectual e social de forma habitual. J Manuel.
Pregunta 15:Es cierto que las personas que han desarrollado a lo largo de su vida una actividad fundamentalmente intelectual tienen menos posibilidades de desarrollar la enfermedad que las que no lo han hecho?
Resposta:Parece que a actividade intelectual ten un carácter protector fronte a enfermidade. Non evita a sua aparición nunha persoa predisposta pero retrasa a aparición dos síntomas e fai que a enfermidade se manifeste, se é o caso, a unha idade máis avanzada. É moi aconsellable manter unha actividade intelectual de forma habitual. A lectura é unha boa ferramenta neste sentido. J Manuel.
Pregunta 16:Cales son as actividades concretas dunha sociación de familiares de enfermos tipo alzheimer?
Resposta:As actividades que desenvolven as asociacións varían moito dunhas a outras, dependendo da súa antigüidade, a súa localización, etc. Sempre tratan de dar resposta ás necesidades da área onde traballan en función dos recursos existentes. Aconséllolle que se achegue á que teña máis preto e se informe. Javier
Advertisements
Estas entrada foi publicada en SAUDE PÚBLICA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s