COMEZO DA CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL

Ponse en marcha o próximo luns, día 3 de outubro, a campaña de vacinación fronte á gripe estacional e a enfermidade neumocócica en toda Galicia.

A vacina antigripal estará orientada a todas as persoas de 60 ou máis anos, así como a aqueles menores desta idade que pertenzan a grupos de risco: persoas con enfermidades crónicas cardiovasculares, diabete, inmunodeficiencias, problemas renais ou hepáticos, obesidade mórbida ou embarazo, entre outras.

Ademais, aquelas persoas maiores de 75 anos e as que estean ingresadas nunha residencia beneficiaranse dunha vacina con maior poder inmunóxeno.

Por outra banda, deberán vacinarse tamén os grupos con posibilidade de transmitir a gripe a persoas de alto risco, como os traballadores dos centros sanitarios e sociais, así como os que desenvolven traballos esenciais para a comunidade, como policías ou bombeiros; os traballadores de explotacións ou matadoiros de aves ou porcos e os viaxeiros internacionais.

PUNTOS DE VACINACIÓN

Para recibir a vacina, os usuarios deberán poñerse en contacto co seu centro de vacinación ou centro de saúde correspondente, onde o informarán dos pasos a seguir.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s