1ª XORNADA SOBRE LACTACIÓN MATERNA

ALMA, Apoio á lactancia materna, e unha asociación con sede no noso concello, que se reúne no Centro de Saúde de Acea da Ma  (Paseo Tierno Galván, S/N, 15670, Culleredo), o 1º e 3º martes de cada mes, a partir das 18:00 h.

Son un grupo de nais, matronas e asesoras de lactancia que teñen en común experiencia e formación en lactación.

Podes chamalas, escribirlles, ou participar nas reunións se precisas axuda, asesoramento ou simplemente sentirte apoiada. A información previa ó parto pode facilitarche un mellor comezo.

Contacto por mail:
almalactancia@gmail.com
Contacto por teléfono Alma Culleredo:
Helen: 654 175 806
Carolina: 629 776 369
Mayte: 699 926 031

O longo do mes de agosto, o Concello de Culleredo colaborou con ALMA na difusión do Concurso de Relatos  A FALAR DA TETA.

Agora, co gallo da SEMANA MUNDIAL DA LACTACION MATERNA, o vindeiro sábado 8 de outubro, a partir das 16:30 h no Centro Cívico dos Rosales, terá lugar o acto : 1ª xornada sobre lactación materna “A falar da teta”. Nesa xornada prestaran especial atención ao papel que desempeñan os grupos de apoio e abordaran os retos que podemos plantexarnos en relación coa lactación materna desde distintas perspectivas. Ademais, terá lugar a lectura dalgúns dos relatos presentados ao concurso A falar dá Teta, así como a entrega de premios ao catro finalistas. Tamén, presentaran a exposición fotográfica “Pel con Pel”

Os nenos serán benvidos e aqueles que así o desexen poderán gozar das actividades infantís que lles terán preparadas! (se queredes reservar praza mandade un e-mail a almalactancia@gmail.com, o resto de prazas adxudicaranse por orde e chegada).

O longo do mes de outubro, tentaremos acercar a exposición fotográfica o noso concello, complementándoa cos textos finalistas do concurso nunha exposición literaria paralela e o desenvolvemento dun taller de maternidade. Informarémosvos das datas

Advertisements
Estas entrada foi publicada en EVENTOS, NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s