10 Outubro: DIA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

Un 15 por cento da poboación padecerá unha enfermidade mental ao longo da súa vida e, aínda que cun correcto diagnóstico a maioría destes trastornos son tratables, a falta de recursos e investigación está a repercutir nun peor coñecemento e control dos mesmos.

Así o asegura, con motivo do Día Mundial da Saúde Mental que se celebra o luns 10 de outubro, o director científico do Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM), Celso Arango, quen lamenta a falta de investimento en investigación “sobre todo o que ten que ver co cerebro e os trastornos psiquiátricos”. É máis, “por cada euro que se destina á investigación destes trastornos, destínanse cinco a Oncoloxía (…) a pesar de que as enfermidades mentais producen máis incapacidade que todos os tumores xuntos”.

A falta de recursos e programas específicos foi un dos grandes hándicap cos que contan as enfermidades mentais en todo o mundo, segundo recoñeceu a propia Organización Mundial da Saúde (OMS). É unha gran traxedia, alentada ademais por unha errónea percepción de cómo deben organizarse os recursos sanitarios. Estes pacientes non só requiren unha atención médica individualizada, senón tamén outro tipo de coidados,  incompatibeis co modelo actual de grandes hospitais e atención de agudos.

Ademais, a falta de investimento tamén atrasa o diagnóstico temperán destas enfermidades, cuxos primeiros síntomas debutan en moitos casos por baixo dos 18 anos. Canto menor é a idade destes pacientes maior é o infradiagnóstico e o número de pacientes non tratados. De feito, en pacientes en idade infanto-xuvenil, o máis do 70 por cento está sen diagnosticar. Se se diagnostican en estadíos iniciais, o tratamento é máis eficaz. Non ten nada que ver diagnosticar un autismo aos dous ou ao catro anos, ou unha esquizofrenia aos 16 anos ou máis adiante.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s