Pediatras alertan de que un 90% dos casos de acoso escolar están ocultos

A Sociedade Española de Pediatría extrahospitalaria e de Atención Primaria (Sepeap) alerta de que un 90 por cento dos casos de acoso escolar están ocultos xa que, estiman, “notifícase só un 10 por cento” dos que se rexistran no país. Ademais, os pediatras avisan dun aumento das patoloxías psicosociais e reclaman poder dispoñer de máis tempo para cada consulta, ante a “sobrecarga” asistencial que denuncian, para poder detectalos e abordalos.

Así o explicou o pediatra e membro da Sepeap Jesús García Pérez no marco da presentación do XXV Congreso Nacional da Sociedade de Pediatría extrahospitalaria e Atención Primaria, que se celebra dende a tarde deste xoves ata o domingo en Santiago de Compostela, coa asistencia de máis dun millar de especialistas.

O doutor García Pérez comentou que o acoso escolar “sempre estivo aí, pero agora se notifica máis e se denuncia máis”, pero matizou que aínda así “notifícase pouco”. Ademais, apuntou que un 10 por cento das denuncias atenden a agresións físicas, “máis entre rapaces que entre rapazas” e un 30 por cento refírese a acoso verbal, como insultos e intimidación.

Ao respecto, manifestaron que os rapaces practican máis a agresión física, mentres que as rapazas manifestan unha agresividade de tipo psicolóxico. Mentres, as vítimas repártense por igual entre rapaces e rapazas. En canto ao lugar no que se producen, apuntan o patio como o máis frecuente en primaria e as aulas e corredores en secundaria.

Por iso, apostan por medidas que favorezan a prevención deste tipo de problemas, como converter os centros educativos en lugares de convivencia e desenvolver programas de axuda entre iguais.

Segundo os pediatras, entre o 2 e 10 por cento dos nenos españois atópase na versión “máis grave” deste tipo de casos, porcentaxe que elevan do 15 ao 35 por cento en caso de intimidacións leves.

Ademais, segundo os datos facilitados, un 60 por cento dos menores que acosa no colexio comete algún delito antes dos 24 anos e traslada a violencia ao traballo ou ao ámbito familiar. En concreto, o doutor García Pérez insistiu en que “o maltrato nos nenos está abandonado” e reclamou que se ensinen aos menores “a dicir non, porque así evitarase o acoso escolar que hai no país”. Ao respecto, esixiu “tolerancia cero” ante o maltrato”.

PATOLOXÍAS PSICOSOCIAIS

Os pediatras fixeron fincapé, ademais, no aumento da patoloxía psicosocial fronte á de tipo biolóxica –como febre, diarrea e outras– , feito que o presidente do XXV Congreso Nacional da Sepeap, Luis Sánchez Santos, relacionou co ámbito e advertiu da “limitación do profesional de ir a toda présa”, o que prexudica “aos que máis tempo necesitan, que son os máis vulnerables” e “requiren unha atención multidisciplinar”.

Os fluxos migratorios da poboación, o dinamismo da sociedade e a globalización, e en especial a nova tecnoloxía e novas formas de comunicación, fan que os profesionais reclamen máis tempo para a asistencia dos pacientes, para poder detectar debidamente aos menores con patoloxías psicosocial.

Ao respecto, Sánchez Santos fixo alusión ao incremento nos últimos anos da patoloxía psicosocial e resaltou que cada vez se detectan con maior frecuencia problemas como os trastornos da aprendizaxe, a hiperactividad e o déficit de atención, a ansiedade, o acoso escolar ou a depresión.

En concreto, o doutor Jesús García incidiu na síndrome do emperador, que sofren nenos “cada vez máis demandantes e máis agresivos” que fai que sexa o menor “quen di e manda”. “Comen á carta, non teñen límites e non teñen normas”, exemplificou. Por iso, reiterou a “présa” coa que se atende os pacientes, fronte ao que avogou por “intentar dar prioridade a estas patoloxías”.

ANSIEDADE E DEPRESIÓN

Tamén os especialistas advertiron que os trastornos de ansiedade na infancia e adolescencia son bastante prevalentes, posto que afectan a entre o 10 e 20 por cento dos nenos. Non obstante, precisaron que só algúns dos afectados están diagnosticados.

A Sepeap apuntou acontecementos vitais estresantes para os nenos como a separación ou divorcio dos pais, o alcoholismo ou toxicomanía dos proxenitores, enfermidade grave física ou mental destes, deficiente rendemento escolar, cambio de nivel económico e perda de traballo paterno.

CIBERPATOLOXÍA

Así mesmo, os especialistas que compareceron na rolda de prensa fixeron especial mención á ciberpatoloxía, derivada do uso da tecnoloxía actual que fai que nenos se illen e, pola “fobia social”, “só usan o aparataxe”, concretou García Pérez, quen apostou por “afrontalo con rigor, con eficacia e eficiencia” e “non consultas rápidas”.

Non obstante, estes expertos recoñeceron que a situación non chegou á gravidade de países como Xapón, xa que relacionan refuxiarse na rede como un recurso de illamento, polo que en España non hai unidades especializadas na ciberpatoloxía. Así considerou que “non é prudente crealas aínda”.

Malia a carencia de pediatras que afirman que existe en España, declinaron cuantificala porque a “preocupación”, segundo recalcou o presidente da Sepeap, José Luis Bonal, é “salvar do sistema o que sexa posible”. “A situación é terriblemente seria e hai que intentar salvar a situación”, dixo, en relación cos recortes existentes derivados da situación económica actual.

Preguntados pola porcentaxe de consultas que representan estas patoloxías psicosiciais, o doutor Luis Sánchez aclarou que se sabe “que existe o problema”, pero “non en qué termo cuantitativo”, polo que esperan solicitar datos no marco deste congreso en Santiago. “Cada ano o peso relativo destes problemas aumenta nas consultas”, sentenciou.

Con todo, avogaron por “concienciar e educar” aos pais, dos que comentaron que, en ocasións, pasan pouco tempo cos seus fillos e reclamaron que se “dedique máis tempo aos nenos”. Por iso, consideraron que, en relación a estas patoloxías asociadas aos máis novos, “non é cuestión de demonizar aos mozos, senón que hai que educar” e “xerar espírito crítico”.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s