DOAZÓN DE SANGUE NO BURGO

O mércores 2 de novembro  o camión do Centro de Transfusións de Galiza estará no Burgo, na Praza Europa, de 10:00 horas ás 14:00 horas e de 16:00 horas ás 21:00 horas.

En termos xerais poden doar sangue as persoas:

  • Maiores de 18 anos. Se cumpren 65 anos poden continuar co permiso do seu médico.
  • Saúde normal e máis de 50 quilos de peso
  • Non padecer nin ter padecido enfermidades transmisibles polo sangue ( hepatite B, hepatite C, sífilis, SIDA,…)

DOAZÓN:

Dura aproximadamente de 5 a 7 minutos. O persoal sanitario emprega MATERIAL ESTÉRIL e dun só uso, que é desprecintado momentos antes de atender ao doador.

Durante a doazón, NON hai ningunha posibilidade de contraer enfermidades transmisibles polo sangue

RECUPERACIÓN:

Ao rematar, o doador toma un refrixerio consistente en auga ou refrescos e algún alimento sólido. O volume de sangue extraído (450 ml) recupérase case de inmediato.

A doazón NON DEBILITA o organismo

Aos poucos días de ter doado envíase ao domicilio do doador, de xeito confidencial, un carné que acredita a súa condición de doador, xunto cos resultados das análises realizadas, para o coñecemento do seu estado de saúde.

A posesión do carné de doador non obriga a doar un número determinado de veces ao ano xa que, por lei, a doazón de sangue é un acto voluntario.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTOS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s