DIA EUROPEO DO USO PRUDENTE DOS ANTIBIOTICOS

Máis de 25.000 persoas morren ao ano en Europa por bacterias multirresistentes aos antibióticos, segundo explicou o presidente da Sociedade Española de Enfermidades Infecciosas e Microbiología Clínica (SEIMC), Álvaro Pascual, con motivo da celebración do Día Europeo para o Uso Prudente dos Antibióticos, que se celebra este venres.

Pascual sinalou, nunha entrevista a Europa Press, que “a resistencia aos antibióticos é un problema de saúde pública que pon en risco a aqueles pacientes que necesitan ou van necesitar os antibióticos en situacións críticas para a súa saúde. Utilízanse antibióticos que non vai curar a infección pero si van ter unha consecuencia secundaria, que é aumentar a resistencia antibiótica nas bacterias”.

O experto alerta de que, precisamente polo mal uso destes medicamentos, “estamos a quedarnos sen antibióticos eficaces debido á rápida progresión das resistencias”. A este respecto, subliña que hai que “mentalizar aos profesionais sanitarios e aos políticos de que é un problema do que todos somos responsables”.

No entanto, Pascual admite que a situación é complicada, máxime tendo en conta que “hai unha gran demanda social de antibióticos”, até o punto de que, “ás veces, o profesional vese verdadeiramente presionado para prescribir antibióticos que en ocasións non serven para nada”.

Entre as recomendacións á poboación, destaca o uso responsable e o seguimento rigoroso da prescrición médica. Débense tomar as doses recomendadas, ás horas indicadas e durante os días establecidos polo médico. “É moi perigoso non cumprir os tratamentos; non só porque a infección non se cura adecuadamente, senón tamén porque iso facilita moito a aparición de resistencias ás bacterias”.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en EVENTOS, SAUDE PÚBLICA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s