O 70% das persoas que abusan do alcol poden presentar alteracións cognitivas

O 70% das persoas que consomen alcol de forma abusiva, o 10% da poboación, poden presentar alteracións cognitivas, que van desde a dependencia até o trastorno amnésico persistente e, no 10% de casos, poden chegar á demencia, segundo destacaron expertos na III Xornada sobre Novos Retos en Saúde Mental ‘Tóxicos, cerebro e mente Que facer?'”celebrada en Barcelona.

Os expertos coincidiron en sinalar que un consumo prolongado de alcol ten efectos estruturais e funcionais no sistema nervioso central, até o punto de xerar alteracións neuropsicolóxicas, que van desde a perda da memoria até a demencia.

Segundo os expertos, considérase un consumo abusivo ou de risco a partir de cinco unidades básicas de alcol (UBA) ao día en homes e 4, en mulleres; ou 12 unidades por semana en ambos os casos.

O tratamento destes pacientes constitúe actualmente un reto para as políticas de saúde pública a nivel mundial, pola súa emerxencia cada vez maior e pola complexidade que supón o seu manexo.

Dende a Concellaría de Sanidade do concello de Culleredo, queremos alertar do cambio nos patróns de consumo de alcol e que cada vez hai máis xente nova que presenta algún tipo de alteración cognitiva.

PND está a producir ou
Advertisements
Estas entrada foi publicada en PREVENCIÓN, SAUDE PÚBLICA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s