Foro expertos: a esclerose múltiple

A esclerose múltiple afecta a preto de 46.000 persoas no estado español,  e cada ano diagnostícanse 1.800 novos casos cuxa curación segue sendo unha tarefa imposible. No entanto, desde a Sociedade Española de Neurología (SEN) mostran certo optimismo porque os novos tratamentos están a permitir atrasar a deterioración e a discapacidade que provoca.

Actualmente segue sendo a segunda causa de discapacidade máis frecuente entre os mozos, despois dos accidentes de tráfico, ainda que a situación mellorou nos últimos anos.

Esta enfermidade autoinmune adoita detectarse en persoas novas, de entre 20 e 40 anos, e até hai uns anos o prognóstico unha vez diagnosticados era moi pesimista. O tratamento era fundamentalmente sintomático,  de modo que vinte anos máis tarde a maioría presentaba unha discapacidade grave. Isto repercutía directamente sobre a calidade de vida destes pacientes e non tanto sobre a súa supervivencia, xa que esta é apenas cinco anos menor que a do resto da poboación.

O maior problema destes pacientes é a discapacidade, xa que van acumulando síntomas, deixan de camiñar e deben pasar a estar nunha cadeira de rodas, e tamén o feito de que teñan tremores e non poidan comer ben. Así e todo, estes problemas está a atrasarse en moitos pacientes e só un de cada tres presenta unha discapacidade grave quince anos despois do diagnóstico.

Isto foi posible grazas ao desenvolvemento de fármacos inmunomoduladores, que permiten evitar e atrasar as recaídas desta enfermidade. Ademais, a súa forma de administración tamén evolucionou, xa que os medicamentos inyectables están a deixar paso a novas formulacións de uso oral.

Un 75% dos casos afectan o colectivo feminino

A enfermidade é máis frecuente en mulleres; é precisamente un incremento de casos femininos o que deu pistas de posibles marcadores que favorecen a súa aparición. Un deles sería o tabaco (máis común entre as mulleres que hai 30 anos); outro, a posible relación coa actividade hormonal, xa que hai estudos que demostraron que co embarazo a enfermidade non progresa. O retraso das mulleres actualmente para quedar embarazadas pode estar detrás deste repunte.

Outras hipóteses tamén vincularon a aparición da esclerose múltiple cun menor contacto con axentes infecciosos, o que favorece as enfermidades autoinmunes; ou a falta de vitamina D, xa que diversos estudos demostran que nos países onde hai máis sol e, por tanto, máis vitamina D, hai menos posibilidades de ter esclerose múltiple.

Para saber mais deste tema, a partir das 18.00 h de hoxe, poderas enviar as túas preguntas ó foro do experto responde premendo AQUI.

O rematar, colgaremos nesta mesma web todas as preguntas e respostas .

Grazas pola vosa participación.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en SAUDE PÚBLICA coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s