A diálese peritoneal, o tratamento menos utilizado en enfermos renais

Un estudo da Sociedade Española de Nefroloxía, “Informe de diálise e transplante”, que acaba de facerse público,  sinala que a taxa de supervivencia desta terapia domiciliaria e superior a da hemodiálise.

Os nefrólogos lembran que a diálese peritoneal é unha modalidade de tratamento sustitutivo renal domiciliaria utilizada en pacientes con insuficiencia renal crónica. A eliminación de sustancias tóxicas realízase a través da membrana peritoneal e pódese levar a cabo de forma manual ou automatizada, ademais de durante a noite mentres se dorme.

Do mesmo xeito, estes especialistas sosteñen que a diálese peritoneal presenta outras vantaxes médicas asociadas, como o feito de ser a máis adecuada para pacientes que están en lista de espera para recibir un transplante, ou que esta indicada para todas as idades e que, polo seu carácter continuo, é a que máis se achega ao funcionamento normal dos riles.

Ademais, entenden que é a que achega maiores beneficios ao Sistema Nacional de Saúde (SNS), xa que o seu uso suporíalle un aforro de 500 millóns de euros en 15 anos. Así, apuntan a que o custo anual medio por paciente naqueles enfermos en tratamento é de 46.659 euros en hemodiálisis, fronte aos 32.432 euros dos que se someten a diáleses peritoneal domiciliaria, o que supón que a hemodiálisis é un 44% máis custosa.

Dende o concello queremos recordarvos que para a divulgación  de todos os aspectos relativos ás enfermidades do ril, as súas posibles solucións terapéuticas, así como os seus múltiples aspectos sociais e xurídicos, temos a sorte de contar en Culleredo coa asociación ALCER. Non dubides en poñerte en contacto.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s