TRASTORNO BIPOLAR: DIAGNÓSTICO E TRATAMENTO

ASBIGA (Asociación de persoas con trastorno bipolar de Galicia) é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en Santiago de Compostela no ano 2003 por un grupo de persoas afectadas polo trastorno bipolar coa finalidade de constituír unha rede social de auto-axuda que servise para cubrir as necesidades específicas deste colectivo en Galicia, dando resposta, desta forma, a algúns dos problemas aos que as institucións públicas non chegan. A alta porcentaxe de prevalencia (o trastorno bipolar afecta entre ao 2 e ao 4% da poboación nas súas formas máis ou menos graves segundo diversos estudos) unido á necesidade de complementar o traballo realizado polos servizos socio-sanitarios de carácter público, xustifica a creación e o mantemento desta asociación que traballa para desenvolver proxectos asistenciais dirixidos especificamente ás persoas afectadas por esta enfermidade psíquica e ás súas familias.

Desde a súa aparición até o presente, ASBIGA foi prosperando grazas á vontade e o esforzo de moitos afectados que seguen traballando, coa axuda de profesionais, para que a asociación poida chegar a máis persoas e con mellores servizos.

Dende a Concellaría de Sanidade, tentamos colaborar con todas as asociacións que poden axudar, coma xa están facendo, ós veciños e veciñas de Culleredo. Para iso, o xoves 9 de febreiro no Pazo Vila Melania, as 19.00, presentaremos a interesante conferencia “trastorno Bipolar: diagnóstico e tratamento”. Entrada gratuita.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTOS, EVENTOS, NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s