MANUAL AUTOPROTECCIÓN ANTE A ONDA DE FRÍO DOS VINDEIROS DIAS

As persoas máis expostas aos efectos desta onda de frío son os maiores, os bebés, os alcohólicos, persoas con certas medicacións, mal alimentadas e as que residen en vivendas en malas condicións.

Por iso, dende a Concellaría de Sanidade do concello de Culleredo recomendámosvos:

  • Leva roupa e calzado adecuado para as baixas temperaturas. Evita pezas axustadas para que o aire circule entre a pel e a roupa actuando como illante. Pon unha sobre outra, varias pezas de roupa lixeira e cálida mellor que unha soa dun único tecido.
  • Protéxete o rostro e a cabeza. Evita a entrada de aire frío nos pulmóns.
  • Non realices exercicios físicos excesivos posto que o frío non é bo para a circulación sanguínea.

É importante que prestes atención aos medios de información para obter información do Servizo Meteorolóxico e do estado das estradas.

Se vives nunha zona rural propensa a quedar illada, é necesario:

  • ter almacenados produtos de alimentación
  • ter unha reserva da medicación que requiras regularmente.

Para a familia:

  • Os nenos deben estar afastados de estufas e braseros.
  • Para as persoas de idade avanzada e enfermos de corazón non é conveniente saír á rúa porque o frío exerce sobre o corazón unha tensión extra e existe o risco de sufrir un ataque cardíaco.

Para a  casa:

  • Revisa os tellados e baixadas de auga, os peches das xanelas e as portas en contacto co exterior.
  • Debes ter en casa: candeas, linternas con pilas de reposto, estufa e cociña de cámping.
  • Debes dispor de radio con pilas suficientes para estar informado da evolución do tempo.
  • Procura que as estufas de carbón, eléctricas e de gas estean afastadas de visillos e cortinas.
  • Evita a intoxicación producida por braseros de carbón ou estufas de leña, carbón ou gas en lugares pechados sen renovación de aire.
  • Mante unha billa lixeiramente aberta a fin de evitar a rotura por conxelación das tubaxes.

Se tes que desprazarte:

  • Evita a viaxe en coche sempre que non sexa imprescindible.
  • Se a viaxe é inevitable, procura non viaxar só e revisa o teu coche a fondo antes de saír: freos, neumáticos, sistema de iluminación, líquido anticonxelante, cadeas,…
  • Infórmate da situación meteorolóxica e do estado das estradas na zona á que te dirixes.
  • Evita conducir de noite, os perigos son máis difíciles de detectar.
  • Antes de saír, infórmate de onde se atopan os lugares de refuxio na ruta que penses seguir (albergues, hoteis).
  • Leva no teu coche radio,  corda, unha linterna, un teléfono móbil e roupa de abrigo. Tamén algún alimento rico en calorías (chocolate, froitos secos…)
  • Leva o depósito de gasolina cheo, enchendo cada 100 quilómetros aproximadamente.
  • Leva o teléfono móbil con carga suficiente e é recomendable levar unha batería de reposto ou cargador de coche.

Ao volante:

  • Se o temporal te sorprende dentro do coche debes permanecer dentro del. Se o mantés en marcha coa calefacción posta, deixa un portelo entreabierto para renovar o aire e evitar quedar durmido. Deixa un pano colgado da antena para chamar a atención.
  • Manten limpo de neve e desbloqueado o tubo de escape para evitar que os fumes entren ao coche.
  • Se hai neve dura ou xeo, pon as cadeas e circula con marchas curtas e sen cambiar bruscamente de dirección.
  • Non pises o freo ao rodar sobre un tramo xeado, é preferible que o coche cruce o tramo en por si.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s