Diferenzas importantes no desenvolvemento cerebral en nen@s con alto risco de padecer autismo

Investigadores da University of North Carolina (UNC), en Chapel Hill (Estados Unidos) descubriron, a través de técnicas de imaxe por resonancia magnética, diferenzas importantes no desenvolvemento cerebral en nen@s con alto risco de padecer autismo.

Para o líder desta investigación Jason J. Wolff, “este é un prometedor achado”. “Neste momento, trátase dun preliminar aínda que importante primeiro paso cara á posibilidade de desenvolver un biomarcador  que mellore a nosa  capacidade de diagnosticar o autismo”, afirma.

O estudo, que se publicou este venres  en “AJP in Advance”, tamén suxire que o autismo non aparece de súpeto , senón que podería desenvolverse co tempo durante a infancia. Isto aumenta as posibilidades de que se poida, di Wolff, “interromper o proceso con intervencións dirixidas”.

No estudo participaron 92 nenos que tiñan irmáns maiores con autismo e por iso, considerábase de alto risco. Todos foron sometidos a unha proba de imaxe de resonancia magnética específica ao seis meses e a valoracións conductuales aos 24 meses. A maioría tiñan ademais escáneres de imaxe cerebral adicionais tanto aos 12 como aos 24 meses.

Aos 24 meses, 28 nenos (30%) reunían os criterios para diagnosticar unha desorde do espectro autista, mentres que 64 menores (70%) non os cumprían. Os dous grupos diferenciábanse no desenvolvemento da extensión das fibras de materia branca (as vías que conectan as rexións cerebrais) medidas por anisotropía fraccional (FA).

A FA mide a organización e o desenvolvemento da materia branca, en base ao movemento das moléculas de auga no tecido cerebral.  Os menores que desenvolveron a enfermidade presentaban FA elevada ao seis meses, pero despois experimentaban cambios máis lentos no tempo. Aos 24 meses de idade, os nenos con autismo tiñan menores valores de FA que os nenos sen autismo. Para Wolff, “esta evidencia, que implica múltiples vías de fibra suxiren que o autismo é un fenómeno que afecta a todo o cerebro, non de forma illada a ningunha rexión en particular”.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s