ACTIVIDADES NO NOSO CONCELLO: PARKINSON, ANHIDA, ALMA

 APOIO a PACIENTES DE PARKINSON E FAMILIARES EN CULLEREDO

En decembro de 2010, o Concello de Culleredo asinou un convenio coa Asociación de Parkinson Galicia-A Coruña para a promoción no termo municipal de servizos de rehabilitación e de carácter psicosocial dirixidos  a persoas con Parkinson e as suas familias.

Froito deste traballo, máis de 12 afectados e as súas respectivas familias foron beneficiarias do desenvolvemento de actividades tendentes á mellora da calidade de vida deste colectivo, fundamentalmente as de fisioterapia.

Parkinson Galicia-A Coruña e a Concellaría de Sanidade de Culleredo queren potenciar eses servizos e informan da reubicación, iniciada o día 28 de febreiro das actividades, pasando de desenvolverse no Centro Ocupacional A Escada ao local social de Costa da Lonxa en O Burgo. O motivo do cambio débese a necesidade de contar con máis espazo para dar cabida á demanda de novos usuarios e usuarias e, a avaliación por ambas partes da posibilidade de introducir novos servizos rehabilitadores como os de logopedia.

 ANHIDACORUÑA INICIOU EN CULLEREDO OBRADOIROS DE APOIO A NEN@S CON TRASTORNO DE DEFICIT DE ATENCION CON/SIN HIPERACTIVIDADE

A iniciativa pretende traballar cos/as nen@s con trastorno de déficit de atención con/sin hiperactividade a interacción e a participación, a autonomía persoal, ademais de dotar de estratexias para afrontar as carencias e dificultades, potenciando as súas cualidades.

Os obradoiros, eminentemente prácticos, serán impartidos por Javier Estevez, psicólogo experto en TDAH e Berta Pérez, psicopedagoga con experiencia en formación do profesorado en atención ao alumnado con TDAH e terán unha duración de dúas horas semanais.

Iniciáronse o  día 4 de febreiro no Centro social municipal de Costa da Lonxa en O Burgo, e os participantes foron agrupados por dificultades similares tendo en conta a idade.

Inicialmente realizaranse dous obradoiros tendo en perspectiva formar outros dous grupos:

  • Obradoiro 1: os venres pola tarde, en horario de 17:00 a 19:00 horas
  • Obradoiro 2: os sábados pola mañá, en horario de 10:00 a 12:00 horas

ALMA IMPULSA NOVAS ACTIVIDADES EN CULLEREDO

A asociación cullerdense Alma en colaboración coa Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo iniciaron unha nova actividade: os Obradoiros de Crianza. Esta iniciativa constituirá un novo espazo de apoio ás familias para a aprendizaxe e intercambio de pautas necesarias para a crianza saudable dos nenos e nenas ata os 5 anos. As sesións desenvolveranse ao longo do ano no local social de Costa da Lonxa, todos os mércores, en horario de 18:30 a 20:00 h

Informámosvos  tamén de que os Obradoiros de Lactancia, dirixidos a embarazadas e nais e pais, que se desenvolvían dende fai catro anos no Centro de saúde de Acea da Ma, pasan a facerse no local de Costa da lonxa. A actividade realizarase  os primeiros e terceiros martes de cada mes, en horario de 18:00 ás 20:30 horas.

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s