Día Mundial do Ril : ‘Riles para vivir’.

A pesar de que somos un país trasplantador, o máis importante é frear a evolución da enfermidade renal crónica nos primeiros estadios, 1 e 2 fundamentalmente, e para iso as estratexias de prevención son fundamentais: coidar a tensión arterial, vixiar a diabetes e o colesterol, comprobar que non hai perda de albúmina, etc. Unha simple análise de ouriños e de sangue poden dar as claves para identificar esta patoloxía e atallar a súa evolución.

Enfermidade renal e as cardiopatías.

Trátase de dous procesos intimamente relacionados, xa que conforme avanza a enfermidade renal increméntase enormemente o risco cardiovascular, de aí a importancia das políticas de prevención.A pesar de que a enfermidade renal crónica é unha patoloxía cunha prevalencia menor respecto doutras enfermidades (estímase que afecta a uns 50.000 pacientes), supón un gasto moi elevado para o Sistema Nacional de Saúde, xa que os afectados consomen o 2,3% do orzamento do SNS.

A  doutora Beatriz Domínguez-Gil, especialista en Nefroloxía da Organización Nacional de Transplantes (ONT), sinala  que o transplante é a mellor terapia dispoñible para os pacientes con enfermidades renais crónicas, xa que proporciona mellores resultados en termos de supervivencia e calidade de vida, ademais de ser a opción de menor custo, e fai  especial fincapé no importantísimo papel que ocupa o noso país neste tipo de intervención.

No ano 201 1alcanzouse un fito histórico en canto ao transplante renal en España, realizándose 2.500 intervencións deste tipo, o que supón 53 transplantes por cada millón de habitantes. Isto significa que o noso sistema é cada vez máis efectivo e roza os niveis de excelencia.

O ano pasado realizáronse no noso país 312 transplantes renais desta modalidade, o 12,5% do total de transplantes renais. Así mesmo, co programa de transplante renal cruzado, do que actualmente forman parte 15 centros españois, están a conseguirse resultados moi positivos

Dende a Concellaría de Sanidade, estamos preparando un acto conmemorativo desta data, que levará por título “Non deixes que os teus riles che rompan o corazón” e do que vos manteremos puntualmente informados.

Dende xa, estades convidados

Advertisements
Estas entrada foi publicada en NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s