15 DE SETEMBRO, IX DÍA MUNDIAL DO LINFOMA

Baixo o lema “Recoñece os síntomas: Anticípate ao cancro!”,o vindeiro día 15 de setembro, conmemórase o IX Día Mundial do Linfoma,  unha iniciativa impulsada pola Lymphoma Coalition no mundo e realizada en España por AEAL.

 Aínda que cada ano diagnostícanse no mundo 350.000 novos casos de linfoma,6000 deles en España, segundo os datos de AEAL, so o 16% da poboación sabe que padece este tipo de cancro. É o cancro sanguíneo mais frecuente e o terceiro tipo de cancro mais común en nenos e nenas.

Esta patoloxía, un conxunto de enfermidades neoplásicas do sistema linfático, ten uns síntomas facilmente confundibles con outras enfermidades, como a gripe ou a mononucleose. Coñecer a sintomatoloxía –febre, cansancio, perda e inflamación dos ganglios– favorece, ademais dun diagnóstico precoz, unha resposta mais eficaz e unha mellora substancial do pronóstico.

Unha enfermidade curable

De feito, na actualidade, e grazas ao avance nos tratamentos –quimioterapia, radioterapia, inmunoterapia, trasplante de medula ósea e os anticorpos monoclonais– e a coñecida como terapia dirixida, ás taxas de curación do linfoma, son bastante elevadas e está permitindo o establecemento de novos protocolos de investigación para unha abordaxe óptima.

Un ano máis, e co obxetivo de aumentar o coñecemento e información sobre esta enfermidade, e previr a aparición do cancro, a Asociación linfoma, mieloma e leucemia (AEAL), baixo o lema “Recoñece os síntomas: anticípate ao cancro, e co apoio da Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo serán os encargados en Galicia de organizar os actos do Día Mundial do Linfoma:

Para tal fin, están previstas en Culleredo as seguintes actividades:

Xoves 13 setembro

1ª parte: Xornada informativa no Pazo de Vilamelania, ás 19 horas. Título: “Linfomas: tratamentos e liñas de investigación”.

  • Relatores: Dr. Guillermo Debén Ariznavarreta, médico adxunto do Servizo de hematoloxía e hemoterapia do CHUAC e Dr. Rubén Vázquez Fernández, médico adxunto do Servizo de hematoloxía e hemoterapia do CHUAC.

2ª parte: Presentación dos servizos e actividades para pacientes que padecen calquera tipo de cancro e familiares no Pazo de Vilamelania, no Pazo de Vilamelania ás 20:30 horas.

  • Relatores: representantes de AEAL e de GEPAC (Grupo Español de Pacientes con Cáncer)

14 de setembro:

Mesa informativa no Paseo Marítimo de O Burgo, dirixida á toda a comunidade. Horario: de 16:00 a 20:00 h

Sobre AEAL, Asociación Española de Afectados por Linfoma, Mieloma e Leucemia

AEAL, Asociación Española de Afectados por Linfoma, Mieloma y Leucemia, foi constituída por pacientes, o 8 de outubro de 2002 e desde decembro de 2006 é unha asociación declarada de Utilidade Pública polo Ministerio do Interior. Os obxectivos de AEAL son a formación, información e apoio aos afectados por enfermidades oncohematolóxicas. A súa sede social atópase no Concello de Culleredo Más información en www.aeal.es

PODES DESCARGAR O CARTAZ DA XORNADA PREMENDO AQUI

A ASOCIACIÓN LINFOMA, MIELOMA E LEUCEMIA (AEAL), e O CONCELLO DE CULLEREDO APOIAN AOS PACIENTES CON LINFOMA NO COÑECEMENTO E ABORDAXE DA SUA ENFERMIDADE

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTOS, NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s