DIA MUNDIAL DO ALZHEIMER

A Confederación Española de Asociacións de Familiares de Persoas con Alzheimer (CEAFA) instou ao Goberno a crear unha política de Estado sobre a enfermidade con motivo da celebración este venres 21 de setembro do Día Mundial desta patoloxía.

Consideran que “hai que garantir que a persoa sufra o menos posible e que os recursos sexan coordinados sendo a persoa o eixo deles”. Ademais, esta Política de Estado “debe contemplar a protección xurídica do enfermo, o impulso da investigación e a súa asistencia”.

Pero as reivindicacións de CEAFA non acaban aí, xa que tamén piden que se mellore a Lei de Dependencia “impulsándoa e dotándoa de recursos”, que eviten “desequilibrios territoriais para que non haxa enfermos de Alzheimer de primeira e de segunda”, e que se inclúa na carteira de servizos as terapias non farmacolóxicas, que son “vitais” para os pacientes. Engadido a iso, consideran “fundamental” impulsar a investigación, que é “a esperanza dos enfermos”.

En canto á súa incidencia,  na actualidade pode superarse o millón de pacientes en España, o que afecta a un cinco millóns de persoas se se ten en conta aos familiares dos enfermos.

O próximo xoves, conectaremos co FORO EXPERTOS para que poidas achegar as túas dúbidas sobre esta patoloxía.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en EVENTOS, NOVAS coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s