GRUPOS DE APOIO DEPRESIÓN

Unha investigación desenvolvida por Sonja Lyubomirsky, revela que o que diferencia ás persoas felices, son uns patróns de pensamento e comportamentos máis positivos que lles fai sentir felicidade. As persoas felices teñen mellor autoestima, maior confianza en si mesmas, unha actitude máis positiva e un maior optimismo. Quiza o máis revelador da investigación, é que conclúe que hai un 40% de felicidade que podemos aumentar aprendendo a pensar.

É dicir, un 40% de felicidade depende do noso esforzo por querer ser felices e usar ferramentas para iso. 

Dende a Concellaría de Sanidade do Concello de Culleredo  queremos poñer en marcha as ferramentas necesarias e iniciamos o 14 de xaneiro un grupo de apoio dirixido a persoas con depresión. Esta iniciativa ten como finalidade a mellora da súa calidade de vida e como obxectivos mais específicos, preténdese prestar un apoio psicosocial a aquelas persoas que se atopan nunha situación anímica desfavorable, e proporcionarlles habilidades sociais e persoais que lles permitan afrontar con maior positividade as actividades da vida diaria. O apoio mutuo e as experiencias individuais, serán as claves metodolóxicas que se aproveiten para o traballo nas sesións.

A actividade, dirixida e conducida pola técnica municipal: María Teresa Etchevers Lemus, terá lugar os segundos e cuartos luns de mes, en horario de 17:30 a 19:00 h, e desenvolverase no Centro Municipal de Servizos Sociais de O Burgo. Terá un carácter permanente e aberto, e dicir, as persoas participantes poderán deixar o grupo cando melloren a súa situación, e deste xeito deixar a praza a outra persoa que o necesite. A capacidade inicial está prevista para 15 persoas como máximo, podendo dar cabida no ano a 20 persoas.

A actividade e gratuita, e as persoas interesadas  poden chamar ao teléfono 981.654570.

Imagen

 

Advertisements
Estas entrada foi publicada en EVENTOS, NOVAS, PREVENCIÓN, SAUDE PÚBLICA coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s