CICLO DE CONFERENCIAS ANHIDA

Dende Culleredo  Sanidade queremos animarvos a participar na nova campaña formativa que levan a cabo dende  ANHIDA .  Así, ó longo deste ano 2013, organizan un Ciclo de Conferencias  que se desenvolverán na Fundación María José Jove, unha por mes. Podes descargar o programa premendo AQUÍ.

Trátase de  charlas para pais de afectados por TDAH , a entrada  é gratuita e o horario:  19:00-20:30 h.   Inscripcións: corunaanhida@gmail.com

O TDAH é un trastorno neurobiológico, é dicir, non depende da voluntariedad do neno para comportarse dunha ou outra maneira. Trátase se un problema que ten unha base física, a nivel cerebral, onde determinadas sustancias participantes nas funcións executivas superiores, teñen unha distorsión no seu funcionamento. Por iso é habitual que, nos casos nos que cientificamente estea documentado o beneficio, haxa que tratalos cun fármaco. Neste momento é necesaria a asistencia dun equipo profesional adecuadamente cualificado, e os recursos actuais son escasos neste campo.  Na Coruña hai unha unidade de saúde mental que non é capaz de absorber toda a demanda. E falta formación dos pediatras, que se ven limitados e derivan ao psiquiatra. O ideal sería que houbese unha unidade de TDAH con clínicos, psiquiatras e psicopedagogos

No colexio escoitan  que é a enfermidade de moda, que é un neno inmaduro, que necesita disciplina… pero tamén afortunadamente hai  outra cara: profesores moi dispostos a colaborar, desexando que os formen. Hai boa vontade, pero carencia de formación e de recursos.

Os pais necesitan tamén aprender. A mensaxe á familia ten que  ser de tranquilidade, hai solucións e o teu fillo pode ser moi feliz aínda que sexa hiperactivo. Non é tarefa doada e o millor consello é buscar información avalada cientificamente.

No Departamento Municipal de Sanidade, situado en Servicios Sociais na Costa da Lonxa, dende esta páxina, ou visitando ANHIDA, podemos asesorarte e axudarte.

TDHA

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTOS, EVENTOS, NOVAS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s