DIA MUNDIAL DO CANCRO: FORMACIÓN 2.0

Con motivo do Día Mundial do Cancro,  a partir do vindeiro día 4 de febreiro, a Concellaría de Sanidade de Culleredo e  a Asociación Española de afectados por linfoma, mieloma e leucemia (AEAL), invitamos aos cidadáns a participar na actividade “Formación en cancro 2.0”, actividade que desenvolve o Grupo Español de Pacientes de Cáncer (GEPAC), do que AEAL forma parte.

O acceso a unha información rigorosa e comprensible faise imprescindible para a mellora da calidade de vida dos pacientes con cancro e dos seus familiares, capacitándoos ademais para a toma de decisións.

As actividades, que están organizadas e dirixidas a afectad@s  dun cancro, poderán seguirse dende a casa dende a web de GEPAC e coma sempre dende  esta páxina premendo  no enlace que cada día habilitaremos.

Son un conxunto de 12 seminarios online que se desenvolverán entre o 4 e 8 de febreiro. As temáticas a tratar, e as correspondentes datas e horarios son as seguintes:

 4 febreiro

  • Cancro de próstata: aspectos médicos e tratamento, de 16:30 a 17:45
  • Factores hereditarios do cancro,  de 18:00 a 19:15
  • Mellorando a memoria tralos tratamentos, de 19:30 a 20:45

6 febreiro

  • Reaccións emocionais tralo diagnóstico dun cancro, de  16:30 a 17:45
  • Incapacidades laborais en pacientes con cancro, de 18:00 a 19:15
  • Perspectiva de futuro no tratamento de enfermidades oncohematolóxicas, de 19:30 a 20:45

7 febreiro

  • Trombose e cancro, de  16:30 a 17:45
  • Fertilidade en pacientes con cancro,  de 18:00 a 19:15
  • Cancro de pel: tipos e tratamento, de 19:30 a 20:45

8 febreiro

  • Cancro de mama metastásico,  de  16:30 a 17:45
  • Tratamento do cancro de colon metastásico, de 18:00 a 19:15
  • Comunicación na familia, de 19:30 a 20:45

cores do cancro

Advertisements
Estas entrada foi publicada en ACTOS, EVENTOS, NOVAS, PREVENCIÓN coas etiquetas , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s