Unha rede social en internet aglutinará o traballo das asociacións prestadoras de servizos sociais en Culleredo

 
‘Culleredo en rede social’ é o proxecto co que o Concello e as entidades sociais pretenden atopar puntos de encontro para achegar aos veciños a tarefa que realizan en diferentes campos. Con esta iniciativa, a concellería de Sanidade, Igualdade e Consumo pretende aportar unha plataforma innovadora e útil ao para consolidar o tecido asociativo de Culleredo.
 
Impulsar un tecido de entidades prestadoras de servizos sociosanitarios ten un dobre obxectivo: aproveitar os recursos e a experiencia que poden aportar as asociacións e encher os baleiros do sector público nun momento de especiais dificultades económicas.
‘Culleredo en rede social’ é un proxecto práctico, próximo á cidadanía, pensado para potenciar a tarefa das entidades sen ánimo de lucro que orientan a súa actividade aos servizos sociais. É tamén un proxecto tecnolóxico que constrúe ao redor doutra rede, neste caso a cibernética, un tecido real de servizos con valor para as veciñas e os veciños do concello.

O núcleo do proxecto Culleredo en rede social é unha páxina web dinámica, creada sobre as tecnoloxías cos máximos criterios de accesibilidade,  e adaptada aos protocolos máis avanzados na actualidade. A web constrúese nunha dobre vía de acceso: aos cidadáns e ás entidades. Aos cidadáns para que coñezan o traballo das entidades e se beneficien dos seus servizos, ás entidades para que poidan tecer vías de traballo entre elas, e para que poidan achegar aos veciños a súa desinteresada tarefa.

 
O proxecto quere aportar tamén un espazo na rede a todas e cada unha das entidades sociais do concello: nestas páxinas individuais de perfil habilitaranse módulos fáciles de actualizar para que sexan as propias asociacións as encargadas de achegar a actualidade que poidan xenerar. O departamento de Sanidade, Igualdade e Consumo do Concello encargarase nun primeiro momento de liderar o proxecto, e axudará ás entidades a manter os seus espazos virtuais actualizados.
 
Non obstante, o obxectivo último será acadar a plena autonomía da rede, de xeito que sexan as propias asociacións as que traballen en rede e colaboren  entre si.
culleredo_web[1]
Advertisements
Estas entrada foi publicada en EVENTOS, NOVAS, SAUDE PÚBLICA coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s