A RABIA

A rabia é unha enfermidade infecciosa, producida por un virus da familia Rhabdoviridae, xénero Lyssavirus, transmisible entre os animais de sangue quente, incluído o home, polo que se clasifica como zoonose.

En Galicia, o último caso diagnosticouse en 1962 aínda que ata 1994 non se declarou oficialmente o territorio libre de rabia.

Considérase como enfermidade de declaración obrigatoria, tanto nos casos humanos como nos animais.

Podes descargar o Protocolo de Control da Rabia e Actuación ante unha trabada de animal AQUI

 

Advertisements