SIN ESCOLA

En marzo de 2000 publicáronse no Boletín Epidemiolóxico de Galicia (vol. XII, números 2 e 3), unhas recomendacións de exclusión que tiñan a súa orixe no documento “Guidance on Infection Control in Schools and Nurseries”, editado en febreiro de 1999 pola actual Axencia de Protección da Saúde do Reino Unido.

En Febreiro de 2004 revisáronse estas recomendacións, empregando tanto a fonte orixinal como os departamentos de saúde de Maryland e Australia.

Dous anos despois, en abril de 2006, fíxose unha nova revisión, empregando as mesmas fontes e o Departamento de Saúde de Carolina do Sur.

En decembro de 2008 fíxose unha nova revisión na que houbo certos cambios. Por unha banda, aumentou o número de patoloxías nas que a recomendación consiste en consultar coa seccción de epidemioloxía da delegación provincial da Consellería de Sanidade, debido á relevancia que para saúde pública ten cada caso individual. Por outra reagrupáronse as patoloxías dixestivas, uniformáronse os seus criterios de exlcusión, e se modificaron os criterios para tose ferina, conxuntivite e tiña. Ademais engadíronse 4 patoloxías novas: fefres tifoidea e paratifoidea, cryptosporidiose, difteria e infección dérmica con S aureus meticilín-resistente.

Achegámosvos a  RECOMENDACIÓN DE EXCLUSIÓN NO CONTROL DA ENFERMIDADE EN GARDERÍAS E COLEXIOS da Xunta de GAlicia, Consellería de Sanidade

Advertisements