VPH

¿Que é o Virus do Papiloma Humano e que pode causar?
É un virus do que existen moitos tipos, que afecta a pel e as mucosas
e que pode producir desde lesións banais ata cancro. A maioría das infeccións producidas polo VPH non producen ningún síntoma e resólvense por si soas. Pero é importante, xa que algún dos tipos de VPH poden causar cancro de cérvix.
¿Como se transmite e como previlo?
Naqueles virus que poden ocasionar cancro, as relacións sexuais son o
mecanismo fundamental de infección polo VPH, polo que o uso adecuado do preservativo así como a redución do número de parellas sexuais, constitúen as medidas fundamentais de prevención tanto para esta como para outras infeccións de transmisión sexual (ITS).
A vacinación ofrece unha medida preventiva adicional para evitar os efectos máis graves da infección por este virus e polo tanto do cancro de cérvix, pero non sustitúe as medidas anteriores.

A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde
Pública, incorpora no calendario de vacinación infantil a partir
do 29 de setembro de 2008, a vacina fronte ao virus do papiloma
humano para previr o cancro de cérvix, nas rapazas nacidas
a partir do 1 de xullo de 1994 segundo vaian cumprindo 14 anos

Achegámosvos o folleto coa información AQUI

Advertisements