TETANO

E unha enfermidade aguda producida pola exotoxina do bacilo tetánico, que prolifera en condicións de anaerobiose no lugar da lesión. Caracterízase por contraccións musculares dolorosas.

As veces non se atopan antecedentes de lesión nin unha vía de entrada clara do microorganismo.

Clostridium tetani é un bacilo anaerobio grampositivo, móbil e formador de esporas. As esporas son resistentes á ebulición e a certos desinfectantes como formol, fenol ou cloramina utilizados de xeito habitual. Produce dúas toxinas: tetanolisina e tetanospasmina.

O reservorio é animal, humano e telúrico polo que o bacilo tetánico se atopa amplamente difundido na natureza, habitualmente en forma de esporas.

As feridas, recoñocidas ou non, son a porta de entrada do bacilo ao organismo e son especialmente perigosas as feridas producidas por punción ou por desgarro e as queimaduras.

O tétano non se transmite de persoa a persoa, e pódese previr mediante a administración do toxoide tetánico, que dá lugar á produción de antitoxinas específicas.

Atoparas máis información, neste FOLLETO da Consellería de Sanidade

Advertisements