CONSELLOS VIAXEIROS

VIAXAR é unha actividade cada día máis frecuente, na cal un gran número de persoas saen cada ano a outros países ben por traballo ou por pracer. A realidade é que as viaxes internacionais, especialmente aquelas a zonas onde normalmente as condicións sanitarias son precarias, requiren a adopción dunha serie de medidas preventivas entre as que se encontran algunhas vacinacións.

A Dirección Xeral de Saúde Pública proporciona unhas sinxelas recomendacións xerais.

  • É moi importante que, se tes pensado viaxar, acudas ao teu médico para informarte das medidas necesarias que debes adoptar.
  • Debes acudir cun prazo de polo menos un mes, sobre todo se vas viaxar a áreas tropicais ou subtropicais de maior risco.
  • Se precisas algunha vacinación ou medida especial, solicita cita no centro de vacinación internacional máis próximo
  • Se viaxas a países tropicais, recorda o risco de sufrir insolacións e deshidratacións; por iso, leva sempre auga, lentes de sol, cremas solares con alta protección e non esquezas os insecticidas antimosquitos
  • Elixe roupa e calzado axeitado, segundo o destino e a duración da viaxe
  • Durante a viaxe procura tomar alimentos cociñados, presta especial atención ás salsas, peixes ou alimentos con ovo
  • Consume froita que se poida mondar e faino persoalmente, evitando ensaladas e xeados caseiros a non ser que esteas seguro da súa orixe
  • Bebe auga embotellada e non tomes xeo que non fose preparado con auga segura
  • Ten coidado se mantés relacións sexuais cunha parella non habitual; utiliza sempre o preservativo para previr as enfermidades de transmisión sexual
  • Presta atención á caixa de urxencias de viaxe, e en caso necesario leva a medicación recomendada

Se segues estes consellos é máis probable que fagas e remates felizmente a túa viaxe, evitando deste xeito problemas de saúde nunca desexables

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE: Servizos de Medicina Preventiva. Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. Estrada As Xubias, 84. A Coruña .Tfno. cita previa: 981 178 038

MINISTERIO DE SANIDADE E CONSUMO: Sanidade Exterior A Coruña. R/ Durán Loriga, 3-5ª planta. Tfnos. cita previa: 981 989 570 / 981 989 571 / 981 989 578

Preme na imaxe para descargar: Consellos sanitarios para o viaxeiro, Xunta de Galicia.

Advertisements