VIH

A sida (síndrome de inmunodeficiencia adquirida) é unha enfermidade infecciosa de longa evolución causada polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH). É unha enfermidade grave pero que se pode previr. Calquera pode infectarse e a súa prevención depende das condutas de cada un, pero de todos depende a instauración dun clima de tolerancia e respecto cara aos diferentes estilos de vida, e de solidariedade coas persoas infectadas ou especialmente vulnerables á infección por este virus.

A realidade actual móstranos a necesidade e importancia da prevención como medida fundamental pois aínda non existe vacina nin tratamento curativo da sida.

 

 

Advertisements