PROBA RAPIDA

As probas de detección rápida usadas para o cribado, movéndose en bos rangos de sensibilidade e especificidade, conseguen que se poida obter nun prazo de 15-30 minutos un primeiro resultado que deberá ser confirmado posteriormente (para a confirmación a proba máis utilizada é a de inmunoelectrofluorescencia ou Western Blot).

Por isto, e tendo en conta o criterio de eficiencia, estas probas están destinadas a persoas de 16 anos en diante  con prácticas de risco para esta infección que non foron diagnosticadas previamente.

Preferentemente ofertaráselles a persoas que manifesten prácticas de risco sexuais tanto en homosexuais coma en heterosexuais con múltiples parellas sexuais, ou con prácticas de compartir materiais para se inxectaren drogas.

Intentarase achegarlle a proba a aqueles grupos con maior atraso diagnóstico, entre os cales se atopan as persoas heterosexuais, as maiores de 40 anos, inmigrantes de áreas con alta prevalencia de infección polo VIH, e as persoas con menor nivel de formación e socialmente excluídas ou en risco de estalo.

Advertisements