TRANSMISIÓN

Para que a transmisión deste virus se produza é preciso:

Unha fonte de infección de onde proceden os VIH. Só catro fluídos teñen unha concentración suficiente do virus para transmitilo: o sangue, o seme, as secrecións vaxinais e, en menor medida, o leitE materno das persoas infectadas.

Unha vía, ou mecanismo de transmisión. Permite a chegada do VIH da persoa portadora á persoa susceptible. Estas vías son as seguintes: a vía sanguínea, a vía sexual e a vía materno-infantil.

Unha persoa receptora susceptible. A entrada no organismo prodúcese cando os fluídos infectantes entran en contacto co sangue ou mucosas (revestimento do interior da vaxina, pene, recto, boca…) dunha persoa.

Advertisements