MANIPULADOR ALIMENTOS

As empresas ou entidades do sector alimentario que operen na comunidade autónoma, garantirán que os manipuladores de alimentos que traballen nelas, dispoñan da formación axeitada á súa actividade laboral. A tal efecto, disporán dun programa de formación en hixiene alimentaria que se revisará e adaptará periódicamente segundo as necesidades de formación dos manipuladores de alimentos.

Dito programa de formación deberá se aprobado e controlado pola Autoridade sanitaria competente.

Para elo, tódalas empresas, entidades ou persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas que formen ós seus propios traballadores ou que impartan programas de formación en materia de hixiene alimentaria para manipuladores de alimentos que presten servicios en establecementos ubicados en Galicia, deberán estar inscritas no rexistro correspondente.

Estas empresas están obrigadas a manter as condicións con que foron autorizadas. Unha vez concedida a autorización administrativa, procederase a inscribilas de oficio o Rexistro de Empresas ou Entidades de Formación de Manipuladores de Alimentos de Galicia.

Lexislación AUTONÓMICA: Decreto 290/2003, do 4 de xuño, polo que se fixan as normas relativas á formación de manipuladores de alimentos, o procedemento de autorización de empresas e entidades de formación e se crea o rexistro delas.

REQUISITOS/DOCUMENTACIÓN NECESARIA

  •  Modelo de solicitude.
  •  Datos de identificación do solicitante debidamente acreditados.
  •  Documentación que acredite o cumprimento da normativa que lle sexa de aplicación.
  •  Identificación do representante de formación así como currículum vitae e documentos que o acrediten.
  •  Proxecto da actividade co seguinte contido mínimo:
  •  Obxectivos xerais da acción formativa.
  •  Obxectivos específicos da aprendizaxe.
  •  Programa didáctico desglosado en módulos formativos independentes, espeficando os contidos específicos de cada módulo.
  •   Metodoloxía docente a empregar nas distintas accións formativas.
  •   Duración da acción formativa, global e por módulos.
  •   Modo de avaliación dos coñecementos adquiridos.
  •  Copia do material didáctico (impreso ou doutros formatos) que se vai utilizar na impartición dos cursiños.
  •   Acreditación da dispoñibilidade de locais axeitados para a formación a impartir, e/ou seu título de disposición.
  •   Modelo de certificado de acreditación da formación.
  •  Xustificante de que liquidou a taxa correspondente.

 ¿ONDE ACUDIR?

CONSELLERÍA DE SANIDADE. DIRECCIÓN XERAL DE SAÚDE PÚBLICA. SERVICIO DE INSPECCIÓN DE LABORATORIOS DE SAÚDE PÚBLICA

Edific. Administrativos San Lázaro

San Lázaro, s/n

15703 Santiago de Compostela Tfno.: 981 – 54 29 48

SOLICITUDES

Advertisements