MATADOIROS

Unha das riquezas, entre outras, da nosa Comunidade Autónoma, é a carne e outros produtos obtidos dos animais criados no seu ámbito territorial, que destaca pola súa gran calidade, o que se pon de manifesto polo nivel de aceptación e excelencia percibido en comunidades españolas e europeas.

Tanto a carne como outros produtos alimenticios producidos en Galicia, son recoñecidos no ámbito estatal e internacional, non só polas súas excelentes características culinarias e nutritivas, senón tamén pola súa gran calidade na garantía dun control sanitario exhaustivo. Por riba de todo, deben primar os criterios de seguridade para o desenvolvemento de programas de aseguramento da calidade alimentaria e así ofrecer servizos de máxima garantía e eficacia na resposta.

Mediante proxectos coordinados pola Dirección Xeral de Saúde Pública, acadáronse dúas guías, para empresas do sector e para inspección veterinaria,  que podemos facilitarche se tes interese:

  • Guía da actividade inspectora nos matadoiros. Procedementos para a empresa
  • Guía da actividade inspectora nos matadoiros. Procedementos para os servizos veterinarios oficiais
Advertisements