MOLUSCOS

POR DESGRAZA, NON É NOVIDADE que os furtivos apañen marisco ilegal na Ría do Burgo da que non se pode extraer  pola súa contaminación.

Desta volta, os furtivos fixéronse con máis de 22 quilos de ameixa babosa, máis de 13 de fina, 24 de japónica e máis de 46 de berberecho, a maioría de talla regulamentaria. O marisco comisouse por carecer de documentación que amparase a súa legalidade e porque o identificado recoñeceu que procedía da ría do Burgo. Unha parte deste molusco foi sementado na zona de orixe e outra se trasladou ao Intecmar, para analizar a posible presenza de toxinas, xa que que parte desta ría está clasificada como zona C (pechada ao marisqueo) e parte como zona B (o colleitado ten que pasar por un proceso de depuración).

Dende esta concellería, queremos facer un chamamento aos cidadáns para que só consuman o marisco adquirido de forma legal, xa que o contrario pode supor un risco para a súa saúde. Só aquel produto que sexa extraído e comercializado seguindo as canles legais é óptimo para o seu consumo.

Preme na imaxe