PROGRAMA DE VIXILANCIA SANITARIA

O obxectivo principal dun sistema de abastecemento é conseguir unha auga apta que cumprindo cos requisitos mínimos de calidade exixidos pola normativa vixente, satisfaga as necesidades dos consumidores, tanto en calidade como en cantidade, nos diferentes puntos do sistema.

A calidade da auga queda garantida mediante o control dunha serie de parámetros físicos, químicos, microbiolóxicos e radioactivos definidos no Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro.

O mantemento desta calidade engloba dende as accións para a protección da auga no punto de captación ata a billa do consumidor.

Preme na imaxe para máis información sobre o Programa de vixilancia sanitaria de augas de consumo humano da comunidade autónoma de Galicia (2008-2012)


Advertisements