CANS PERIGOSOS

Co fin de garantir axeitadamente a seguridade e protección de persoas, animais e bens, e, así mesmo, a pacífica convivencia entre persoas e animais, é preciso regula-las condicións para a tenza de animais que poidan constituír un potencial perigo, ben pola súa tipoloxía racial concreta, ben por unha modificación de conducta por carecer de educación (entendida esta como proceso de socialización) ou por ser esta inadecuada, ou ben polas condicións ambientais ás que son sometidos por parte dos seus propietarios, criadores e posuidores, estes últimos como responsables finais das accións dos animais baixo a súa custodia.

Entenderase por cans potencialmente perigosos aqueles nos que concorran calquera das condicións seguintes:

  • Cans que tiveran algún episodio de agresións a persoas ou ataques de certa entidade a animais ou ás cousas.
  • Cans que foran adestrados para a garda e defensa
  • Cans que polas súas características raciais puidesen ser aptos para o adestramento, para a garda e defensa e en concreto os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu. Tamén serán considerados neste apartado os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre sí ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
  • Cans que manifesten unha marcada agresividade natural ou inducida mediante adestramento, malos tratos ou calquera outro medio. A dita agresividade será apreciada pola autoridade competente, de oficio ou logo de notificación ou denuncia e logo de informe dun adestrador ou veterinario designado para o efecto.

A tenza dos animais referidos no punto anterior requirirá a obtención previa dunha licencia administrativa outorgada polo concello, nos termos previstos no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro.
Esta licencia deberá ser renovada cada cinco anos, coa finalidade de comprobar que o interesado segue a cumprir os requisitos que se lle esixiron para a súa obtención.

Os donos dos animais potencialmente perigosos subscribirán un seguro de responsabilidade civil cunha cobertura mínima de cento vintecinco mil euros (125.000 euros), que se renovará anualmente, pola súa responsabilidade derivada dos danos que o animal poida causar a terceiros, aínda que o animal fose cedido a outra persoa para o seu coidado. A constitución do citado seguro será requisito indispensable e previo para a identificación dos animais e inscrición no rexistro.

Mais información AQUI

Advertisements