INCENDIOS E FUME

MEDIDAS DE SAÚDE PÚBLICA SEGUNDO O NIVEL DE ALERTA

O fume dos incendios está composto dunha mestura de gases e partículas microscópicas que se desprenden da vexetación en chamas

Nivel 1: Todos os individuos con enfermidades pulmonares ou cardíacas deberán seguir os consellos do seu médico e permanecer dentro das casas coas portas e as fiestras pechadas, e evitar o esforzo excesivo e a exposición ao fume do tabaco e a outras sustancias irritantes respiratorias. O resto da poboación deberá de contactar cun centro de saúde cando xurdan algúns dos seguintes síntomas: dor de cabeza, tose constante, opresión ou dor no peito, respiración asubíante, produción excesiva de flegmas, dificultade para respirar e náuseas. Todos os individuos deberán de evitar a actividade vigorosa ao aire libre.

Nivel 2: Todo o referente ao nivel 1 e ademais aos individuos con enfermidades crónicas respiratorias e cardíacas deberáselles aconsellar o traslado a un lugar “libre de fume”. Os outros individuos deberán de permanecer dentro das casas, coas portas e as fiestras pechadas, e evitar o esforzo excesivo e a exposición ao fume do tabaco e outras sustancias irritantes respiratorias.

Nivel 3: Os individuos sans que elixan permanecer preto do fume deberán de manterse dentro das casas con portas e fiestras pechadas, reducir a actividade física, evitar a exposición ao fume do tabaco e outros irritantes respiratorios. As persoas que sintan molestias deberán de desprazarse fóra da área ou a un sitio sen fume previamente designada, a onde tamén se trasladarán as persoas con problemas respiratorios ou cardíacos, as persoas maiores, as persoas doentes e os nenos pequenos. Todas as persoas que realicen actividades no exterior usarán respiradores FFP1

Preme na imaxe para obter mais información da Xunta de Galicia

Advertisements