ICA

Coa fin de informar dun xeito sinxelo sobre a calidade do aire nas principais cidades galegas, elaborouse un índice de calidade do aire (ICA) que pondera os contaminantes medidos nas estacións urbanas (Dióxido de xofre, Dióxido de Nitróxeno e Óxidos de Nitróxeno, Monóxido de Carbono, Partículas e Ozono), asignando a cada cidade o valor do índice máis desfavorable.

Os parámetros que se amosan son os seguintes para cada cidade:

  • ICA onte: é o índice de calidade do aire do día de onte. Clasifícase en Excelente, Boa, Mellorable e Mala. Reflicte, por tanto, a situación da calidade do aire nas 24 horas do día anterior.
  • Contaminante Responsable: amosa, en caso de que a calidade do aire sexa mellorable ou mala, o contaminante responsable desa situación de contaminación do aire.
  • ICA hoxe: é a evolución do índice de calidade do aire de hoxe (actualizado cada hora) fronte ó ICA onte. O ICA hoxe pode mellorar, manterse ou empeorar.

Se a tendencia do ICA evoluciona hacia “malo”, indica, para o contaminante que aparece reseñado, que se rebasou algún dos valores de referencia establecidos para a protección da saúde.

E…¿qué fago?

A poboación, especialmente os grupos máis sensibles: persoas maiores, nenos, persoas asmáticas e con problemas no sistema respiratorio, deben reducir -dentro do posible- a actividade física no exterior e o tempo de permanencia ao aire libre. Recoméndase evitar que os nenos prolonguen os seus xogos ao aire libre durante demasiado tempo. Manterse informado da evolución dos niveis.

Caso do Ozono

Aconsellable limitar a realización de esforzos físicos prolongados ao aire libre. Esta recomendación é especialmente indicada para as persoas pertencentes ós grupos de poboación consideradas sensibles. Recomendado evitar que os nenos prolonguen os seus xogos ao aire libre. En caso de alerxia evitar o contacto co po e o polen. Si se é asmático ou se sofre de problemas respiratorios o ozono pode agravar os síntomas. Evite estar longos períodos de tempo ó aire libre

¿Podo facer algo para axudar a mellorar a situación?

Limite o uso do seu vehículo aos desplazamentos imprescindibles e evite as horas punta. Utilice o transporte público. Sempre que sexa posible, reposte combustible a últimas horas da tarde ou pola noite.

Preme na imaxe para acceder

Advertisements