POLICIA MORTUORIA

A policía sanitaria mortuoria, como parte integrante da actividade das administracións públicas en materia de sanidade, comprende:

a) A regulación de toda clase de prácticas sanitarias sobre cadáveres e restos cadavéricos e humanos.

b) As condicións técnico-sanitarias en que as empresas funerarias deberán prestar os seus servizos.

c) As condicións sanitarias que han de cumprir os cemiterios públicos, privados e mixtos, así como calquera outro lugar de enterramento.

d) A función inspectora e a potestade sancionadora no suposto de incumprimento da normativa vixente na materia.

Na nosa Comunidade contamos coa seguinte normativa:

Decreto 134/1998, de 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, que podes consultar aquí

Decreto 3/1999, de 7 de xaneiro, polo que se modifica parcialmente o Decreto 134/1998, de 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, que podes consultar aquí

Advertisements