SOLARIUMS

Un centro de bronceado é un establecemento público que presta servizos de bronceado (artificial) mediante o uso de aparellos equipados de emisores ultravioletas. A actividade exércese de modo exclusivo ou simultaneamente a outras de carácter estético.

Son de aplicación aos centros de bronceado a norma estatal (Real Decreto 1002/2002*) e as normas vixentes na Comunidade Autónoma onde exerzan a actividade.

As empresas que pretendan exercer esta actividade, aínda que non sexa exclusiva, estarán obrigadas a acreditar ante a administración competente mediante unha declaración, a descrición técnica dos aparellos e materiais dos que dispón, e a formación recibida polo persoal de dito establecemento, declaración que debe actualizarse cada vez que se produza algunha modificación. Ademáis dispoñeran da documentación que acredite ou cumprimento da normativa de seguridade.

Nos centros de bronceado queda prohibida a utilización dos aparellos de bronceado cando o consumidor ou usuario sexa un menor de dezaoito anos. Ademáis, desaconséllase o seu uso nas embarazadas, as persoas de pel branca que se queiman facilmente coa exposición solar, ou os usuarios tratados con medicamentos como antibióticos, somníferos, antidepresivos, e antisépticos locais ou xerais.

O persoal dos centros que se ocupe do funcionamento e vixiancia dos aparellos de bronceado mediante radiacións UV deberá contar coa preparación necesaria e execer o labor de vixiantes da axeitada aplicación. Para elo, deberá superar un curso de formación que acredite que dispón dun nivel de coñecementos e aptitudes suficientes para realizar esta función. Esta formación non se esixirá non caso de médicos, farmacéuticos, diplomados en Fisioterapia ou Enfermaría, así como para Técnicos Superiores en Estética. Os cursos de formación no manexo de aparellos de bronceado deberán ser autorizados pola autoridade sanitaria competente das Comunidades Autónomas.

Os usuarios destes centros deben dispor dunha ficha persoalizada de utilización dos aparellos solares, co fin de anotar as recomendacións específicas, as sesións de exposición radiante e o tipo de exposición de dose total recibido.

As instalacións dos centros de bronceado están suxeitas a unha serie de condicións hixiénico-sanitarias. Os pavimentos  e paramentos deben ser antiescorregadizos e de fácil limpeza e desinfección, manténdose en todo momento unhas condicións hixiénico-sanitarias e de conservación adecuadas. As cabinas individuais terán a consideración de vestiarios, co cal se terá que garantir neles a intimidade dos usuarios.

Os locais, instrumentos, lentes de protección, materiais e camas solares que se utilicen nos centros de bronceado, someteranse tras cada sesión aos tratamentos de desinfección e asepsia necesarios para garantir a inexistencia de riscos que poidan derivar do incumprimento destas condicións.

As máquinas dos centros de bronceado deben exhibir

  • a marca da CE de forma visible, facilmente lexible e indeleble no material eléctrico ou, na súa falta, na embalaxe,
  • as instrucións de uso ou a garantía
  • dispor dun libro de mantemento.

Ademais, deben pasar revisións periódicas por parte de Entidades de Inspección e Control Industrial, autorizadas no campo regulamentario de revisións Técnicas de Aparellos de Bronceado (ensaio de medida de radiacións ultravioletas segundo a norma UNE-EN 60335-2-27) e o titular do establecemento dispor dun libro de mantemento onde se indique o historial de cada aparello.

Preme na imaxe para información da Xunta “Bronceado seguro”

Advertisements