TATUAXE / PIERCING

A constante busca da beleza, característica da sociedade actual, así como a aparición de novas formas para a expresión persoal, fai que a chamada arte corporal estea a estenderse e popularizarse ata abarcar todos os estamentos da sociedade, sobre todo os segmentos xuvenís, alentados polos modelos e referentes representados nos ídolos da música, do cine e dos deportes.

Dentro destas formas de expresión toman especial ímpeto a realización de tatuaxes, micropigmentacións e piercings, que experimentan un auxe e unha universalización descoñecida en épocas anteriores.

En pleno século XXI, as ditas prácticas teñen que realizarse dentro dos modernos conceptos de hixiene e seguridade que permitan evitar a transmisión, entre outras, de enfermidades contaxiosas

O Decreto 13/2004, do 15 de xaneiro,  é no  que se establecen os requisitos técnicos e condicións sanitarias mínimas aplicables ás prácticas de tatuaxes, micropigmentacións e piercing na nosa comunidade.

Preme na imaxe para descargar folleto

Advertisements