ALCOHOL

O alcoholismo é unha dependencia con características de adicción ás bebidas alcohólicas. Caracterízase pola constante necesidade de inxerir substancias alcohólicas, así como pola perda do autocontrol, dependencia física e síndrome de abstinencia. supón un serio risco para a saúde que pode conducir á morte como consecuencia de afeccións de tipo hepático, hemorraxias internas, intoxicación alcohólica, accidentes ou suicidio.

O alcoholismo non está fixado pola cantidade inxerida nun período determinado de tempo: persoas afectadas por esta enfermidade poden seguir patróns moi diferentes de comportamento, existindo tanto alcohólicos que consomen a diario, como alcohólicos que beben semanalmente, mensualmente, ou sen unha periodicidade fixa. Aínda que o proceso dexenerativo tende a acurtar os prazos entre cada inxesta.

O consumo excesivo e prolongado desta sustancia vai obrigando ao organismo a requirir cantidades crecentes para sentir os mesmos efectos, a isto chámaselle “tolerancia aumentada” e desencadea un mecanismo adaptativo do corpo ata que chega a un límite no que se inviste a suposta resistencia e entón “asimila menos”, por iso tolerar máis alcohol é en si un risco de alcoholización.

Tratamento do Alcoholismo

Os tratamentos para poder combater o alcoholismo inclúen programas de desintoxicación realizados por institucións médicas. Isto pode supor a estancia do paciente durante un período indeterminado (quizais varias semanas), baixo tutela en hospitais especializados onde poida que se utilicen determinados medicamentos para evitar a síndrome de abstinencia. Despois do período de desintoxicación, pode someterse ó paciente a diversos métodos de Terapia de grupo ou psicoterapia para tratar problemas psicolóxicos de fondo que poidan levar ó paciente á dependencia. Ademais, pódese apoiar o programa con terapias que inciten ó paciente a repugnar o alcohol mediante fármacos como o Disulfiram, que provoca fortes e repentinas resacas sempre que se consuma alcohol.

Cálculo do consumo excesivo de alcohol

Existe unha sinxela fórmula para pescudar se se está consumindo unha cantidade excesiva de alcohol cos prexuízos que iso supón, mediante o cálculo dos gramos de alcohol. Esta fórmula consiste en multiplicar a cantidade de bebida en ml ou cc polo número de graos de alcohol e por 0,8, e este resultado divídese entre 100 para coñecer os gramos de alcohol da bebida en cuestión.

Considérase un consumo excesivo diario, 40 gramos de alcohol en homes, debido á súa maior tolerancia ao alcohol, e 20 gramos de alcohol en mulleres.

Advertisements