P.T.A

PLAN DE TRASTORNOS ADICTIVOS DE GALICIA (2011-2016)

A Lei 2/1996 de 8 de maio de Galicia sobre Drogas establece, no Capítulo II e máis concretamente no artigo 23 que a planificación dos obxectivos, prioridades e estratexias de actuación que en materia de drogodependencias se realicen na nosa Comunidade Autónoma, preveranse nun Plan de Galicia sobre Drogas.

A Lei indica as accións a realizar polo Plan nas diferentes áreas de prevención, asistencia, incorporación social, formación, investigación, coordinación e outras que se estimen oportunas pola distintas administracións públicas, asociacións e organizacións non gobernamentais. Así mesmo, di que o plan será vinculante para todas as administracións públicas e entidades privadas ou institucións que reciban fondos para o desenvolvemento de actuacións en relación co consumo de drogas.

Desde a posta en marcha da referida Lei en 1996 elaboráronse ata agora catro plans destas características, sendo, o que agora podes descargar AQUI o quinto que vai a abarcar o período 2011-2016, adaptándose así ao marco temporal marcado pola Estratexia Nacional sobre Drogas.

Advertisements