SANIDADE DE CULLEREDO E AEAL POÑEN EN FUNCIONAMENTO TALLERES DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA PARA DOENTES DE CANCRO

A Concellaría de Sanidade e a Asociación Aeal (Asociación española de afectados por linfoma, mieloma e leucemia) de Culleredo, desenvolverán no mes de xuño uns talleres de atención psicolóxica para pacientes de cancro e os seus familiares.

 Os talleres, que serán todos os martes e xoves de xuño en horario de 20:00 a 21:30, desenvolveranse no Centro de servizos sociais de Vilaboa (edificio Mirador), e serán impartidos por un psicólogo especializado. Os contidos que se abordarán nas 8 sesións serán os seguintes:

  •  A capacidade de afrontamento
  • A comunicación durante o proceso da enfermidade
  • A familia ante o diagnóstico
  • Deterioro da autoestima durante o tratamento e canalización dos medos
  • Reacción da ira asociada á enfermidade
  • Como dialogar co teu hematólogo: preparando a consulta e estratexias de afrontamento eficaces
  • Adaptación á enfermidade: paciente, familia e parella e a tensión e a relaxación
  • A volta a normalidade, recuperación das rutinas despois dun cancro, e coidados do coidador.

Darán  comezo o día 4 e rematarán o día 27 de xuño.

 MAIS INFORMACIÓN na propia concellaría e Francisco Hurtado, delegado en Galicia de AEAL. Tfno . 677.323433

cancro

 

Publicado en ACTOS, NOVAS, SAUDE PÚBLICA | Etiquetado , , | Deixar un comentario

ASEM E CULLEREDO POÑEN EN FUNCIONAMENTO UN PORTAL PARA PODER DOAR E SOLICITAR AXUDAS TÉCNICAS

 Ademais de poder utilizar o canal da Concellaría de sanidade de Culleredo para doar e solicitar axudas ortoprotésicas para os veciños e veciñas que as precisen, dende  o departamento municipal de sanidade traballamos coa Asociación de enfermidades neuromusculares ASEM para que, a través dun novo portal que está xa en funcionamento se poidan tamén doar e solicitar as axudas. Deste xeito, Culleredo e Asem suman esforzos para facer chegar este novo recurso á cidadanía, sobre todo nun momento de extrema necesidade para moitas familias que non poden chegar a adquirir este tipo de axudas. Unen tamén os seus bancos de recursos para favorecer o intercambio e satisfacer mellor as necesidades.

 Para acceder  ó novo portal preme AQUI Cartaz banco recursos material ortoprotésico

 

Publicado en SAUDE PÚBLICA | Deixar un comentario

Unha rede social en internet aglutinará o traballo das asociacións prestadoras de servizos sociais en Culleredo

 
‘Culleredo en rede social’ é o proxecto co que o Concello e as entidades sociais pretenden atopar puntos de encontro para achegar aos veciños a tarefa que realizan en diferentes campos. Con esta iniciativa, a concellería de Sanidade, Igualdade e Consumo pretende aportar unha plataforma innovadora e útil ao para consolidar o tecido asociativo de Culleredo.
 
Impulsar un tecido de entidades prestadoras de servizos sociosanitarios ten un dobre obxectivo: aproveitar os recursos e a experiencia que poden aportar as asociacións e encher os baleiros do sector público nun momento de especiais dificultades económicas.
‘Culleredo en rede social’ é un proxecto práctico, próximo á cidadanía, pensado para potenciar a tarefa das entidades sen ánimo de lucro que orientan a súa actividade aos servizos sociais. É tamén un proxecto tecnolóxico que constrúe ao redor doutra rede, neste caso a cibernética, un tecido real de servizos con valor para as veciñas e os veciños do concello.

O núcleo do proxecto Culleredo en rede social é unha páxina web dinámica, creada sobre as tecnoloxías cos máximos criterios de accesibilidade,  e adaptada aos protocolos máis avanzados na actualidade. A web constrúese nunha dobre vía de acceso: aos cidadáns e ás entidades. Aos cidadáns para que coñezan o traballo das entidades e se beneficien dos seus servizos, ás entidades para que poidan tecer vías de traballo entre elas, e para que poidan achegar aos veciños a súa desinteresada tarefa.

 
O proxecto quere aportar tamén un espazo na rede a todas e cada unha das entidades sociais do concello: nestas páxinas individuais de perfil habilitaranse módulos fáciles de actualizar para que sexan as propias asociacións as encargadas de achegar a actualidade que poidan xenerar. O departamento de Sanidade, Igualdade e Consumo do Concello encargarase nun primeiro momento de liderar o proxecto, e axudará ás entidades a manter os seus espazos virtuais actualizados.
 
Non obstante, o obxectivo último será acadar a plena autonomía da rede, de xeito que sexan as propias asociacións as que traballen en rede e colaboren  entre si.
culleredo_web[1]
Publicado en EVENTOS, NOVAS, SAUDE PÚBLICA | Etiquetado , | Deixar un comentario

BANCO DE RECURSOS: AXUDAS TÉCNICAS E MATERIAL ORTOPROTÉSICO

Dende as Concellarías de Sanidade e Benestar de Culleredo estanse a crear novos bancos de recursos. Esta semana  se pon en funcionamento o servizo de doazón e préstamo de material ortoprotésico e axudas técnicas. A iniciativa ten dúas finalidades, dunha banda fomentar a solidariedade dos veciños e veciñas coas familias que teñen dificultades, e doutra poñer a disposición das mesmas un servizo que lles permita contar cos apoios precisos para a atención ás persoas dependentes.

A iniciativa, que se levará a cabo coa colaboración da Asociación galega contra as enfermidades neuromusculares ASEM, consiste nun servizo de recollida e xestión das doazóns e de préstamo das mesmas.

As axudas que se poden doar son múltiples: cadeira de rodas, alzas wc, camas articuladas, grúas, colchóns antiescaras, asentos para bañeiras, cadeiras de inodoro, andadores, muletas, pañais, e calquera outro material que apoie a autonomía persoal.

Tanto para doar a este banco de recursos, como para solicitar unha axuda técnica, os veciños e veciñas de Culleredo poden poñerse en contacto co Departamento Municipal de Sanidade no teléfono 981.654570.

Dende a Culleredo Sanidade agradecemos xa de antemán a solidariedade da comunidade cullerdense con esta iniciativa. Nun momento de dificultades no que os sistemas de copago sanitario dificultan o acceso a determinadas prestacións, é moi necesario por en marcha estas iniciativas

Cartaz banco recursos material ortoprotésico

Publicado en NOVAS | Etiquetado , , | Deixar un comentario

OBRADOIRO DE FOMENTO DE HÁBITOS SAUDABLES PARA FAMILIAS E ADOLESCENTES

A Concellaría de Sanidade, dentro da súa liña estratéxica de  fomento de hábitos saudables e prevención de trastornos adictivos, promove un obradoiro titulado: “O teu prato de presentación”.

A iniciativa, dirixida á familias e  adolescentes cos que se esta a traballar na UTES 1, ten como finalidade a de desenvolver habilidades sociais positivas nos participantes así como a mellora do funcionamento familiar (comunicación, reparto de tarefas domésticas, etc…). No desenvolvemento da actividade porase énfase en  conceptos básicos sobre alimentación e o fomento de hábitos saudables.

A actividade consta de 5 sesións, eminentemente prácticas, e levarase a cabo os días 30 de abril e o 7,14,21 e 28 de maio, nos Centros Municipais de Servizos Sociais de Culleredo e Vilaboa e na cociña do Centro Ocupacional A Escada. 

OBRADOIROs

Publicado en ACTOS, NOVAS, PREVENCIÓN | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Xornada informativa: “Trastornos de personalidade: Rachando cos mitos”

A Concellaría de Sanidade de Culleredo e a Asociación galega para a asistencia e a investigación dos trastornos de personalidade (Asociación TP) organizan unha xornada informativa baixo o título:

“Trastornos de personalidade: Rachando cos mitos”.

A xornada ten como obxectivo dar a coñecer este tipo de trastornos e as crenzas erróneas que sobre eles ten a sociedade. Ademais presentaranse os servizos cos que conta a asociación TP, e dos que tamén poden ser beneficiarios os veciños e veciñas de Culleredo. En Culleredo hai moitas familias convivindo coa problemática sen apoios sociosanitarios.

A Xornada terá lugar o día 23 de abril, ás 19:30 horas, no Centro de Servizos Sociais deVilaboa, Edificio Mirador, e contará coa relatora Chus Bello Souto, psicóloga especialista neste tipo de trastornos, e coordinadora da asociación

charla 23ab

Publicado en ACTOS, EVENTOS, NOVAS, SAUDE PÚBLICA | Etiquetado , | Deixar un comentario

XORNADAS DE EDUCACIÓN SEXUAL

A Concellaría de Sanidade do concello de Culleredo colabora con Anhida no desenvolvemento  das Xornadas de educación sexual tituladas: “Falas de sexo cos teus fillos e fillas?”. Serán dúas sesións, gratuitas e abertas,   o día 12 de abril e o 19 de abril, en horario ámbalas dúas de 18:30 a 20:00 horas.

Tratarase o tema da sexualidade, da súa evolución, do que pensa a xente nova sobre o sexo, da prevención de embarazos non desexados e de como podemos axudar ós rapaces e rapazas falando destes temas. Está patrocinado pola Federación Nacional de Planificación Familiar e a relatora será a psicopedagoga especialista en educación sexual Luisa Abad Abad. 

130412_Xornadas_educación_sexual_Anhida

Publicado en ACTOS, EVENTOS, NOVAS, PREVENCIÓN, SAUDE PÚBLICA | Etiquetado , , | Deixar un comentario

O experto responde: Día Mundial do Parkinson 2013

Nº de preguntas: 18

Pregunta 1:O Parkinson pode afectar á memoria?

Resposta:Pode afectar á memoria, sobre todo á memoria executiva e despois de moitos anos nunha porcentaxe de aproximadamente un 20% pode producir un deterioro máis importante da memoria pero non todos os enfermos van ter un deterioro cognitivo. Moitos deles se alcanzan idades importantes poden desenvolver demencia pero nunha similitude parecida á poboación xeral.

Pregunta 2:Din que o tabaco prevén o Parkinson. É isto verdade? A que se debe?

Resposta:Isto está relacionado co feito de que o 90% dos enfermos de Parkinson son non fumadores. Derivado deste feito fixéronse hipotésis pensando que o tabaco podería ser neuroprotector e que na enfermidade de Parkinson concretamente, podería beneficiala. En realidade, a maioría dos enfermos de Parkinson son non fumadores porque desde moitos anos antes de desenvolverse a enfermidade xa presentan un ton dopaminérgico diminuído, por tanto a diminución da dopamina condiciona que os pacientes sexan pouco proclives a ser adictos ao tabaco, ao té, ao café… Tamén é certo que hai algunhas publicacións nos que en estudos de laboratorio faise referencia a unha certa neuroprotección da nicotina e outras sustancias do tabaco.

Pregunta 3:Os enfermos de Parkinson deben de seguir unha dieta estricta? É dicir, a alimentación pode interferir co tratamento que está tomando?

Resposta:En fases avanzadas da enfermidade as proteinas poden interferir na absorción do tratamento farmacolóxico da enfermidade de Parkinson. Por este motivo, nesas fases, recoméndase tomar a levodopa antes das comidas e concretamente na comida do mediodía, que é a máis copiosa, recomendáse tomar menos proteinas do habitual. Unha das causas desta problema é que o transportador da dopamina é o mesmo transportador das proteinas, e por outro lado, hai unha alteración dos receptores dopaminérxicos que provoca que unhas veces se abosorba mellor e outras peor a medicación, o que provoca o que coñecemos co nome de -fluctuacións motoras-.

Pregunta 4:¿Qué tipo de exercicios están indicados para persoas con Alzheimer? A natación sería recomendable? Grazas.

Resposta:Referidos á enfermidade de Parkinson, o exercicio forma parte do tratamento da enfermidade. Está comprobado que o exercicio físico diario ten un certo factor beneficioso sobre a evolución da enfermidade, polo tanto recoméndase sempre facer un exercicio diario que pode ser de calquera tipo, como camiñar, piscina, exercicios de mantemento e outros. Non se recomenda facer un exercicio extenuante porque o cansancio pode acentuar os síntomas da enfmermidade, aínda que de forma transitoria.

Pregunta 5:Qué tipo de actividades se levan a cabo dende as Asociacións de Parkinson?

Resposta:Na Asociación de Parkinson Compostela, hai dúas actividades que funcionan dende hai bastante tempo, a logopedia e fisioterapia. As dúas son en grupo e cun número determinado de persoas. Tamén se ofrece axuda psicolóxica, actividades lúdicas, talleres de música, conferencias, apoio ás familias. As reunións de grupo de carácter terapéutica son as que mellor funcionan. Este ano vaise organizar unha carreira pedestre solidaria co apoio da Federación Galega de Atletismo, a Universidade e o Concello de Santiago que está previsto para finais de xuño. As persoas interesadas nas actividades da asociación, poden consulta a páxina web da Asociación: parkinsoncompostela.org ou no teléfono 649115151.

Pregunta 6:Que efectos secundarios se poden presentar despois de realizar a cirurxia?.Moitas grazas.

Resposta:Os efectos secundarios despois da cirurxía máis importantes son: 1)rotura dun eléctrodo (4-6%), ás veces por actividades non apropiadas do paciente e nunha porcentaxe moi pequena, despois de anos, por fatiga do material, 2)infección (3-5%), nalgúns casos derivado de falta de coidado das feridas postquirúrgicas e noutros, por causas descoñecidas. Ás veces hai efectos secundarios derivados da propia estimulación, en porcentaxes moi pequenas: apatía, depresión, alteración na afluencia verbal… que na maioría dos casos, despois duns meses, terminan por desaparecer.

Pregunta 7:¿Qué porcentaxe de persoas padecen parkinson en España? ¿existen variables sociodemográficas asociadas ó feito de padecelo?

Resposta:A incidencia da enfermidade é de aproximadamente 250/100 000 habitantes. Isto supón aproximadamente 7500 enfermos para Galicia e 100 000 para o Estado español. Estas cifras increméntanse a medida que aumenta a expectativa de vida, polo tanto canta máis lonxevidade, máis enfermos de Parkinson vai haber. Non existen variables sociodemográficas aínda que hai estudos epedemiolóxicos nos países nórdicos onde se aprecia maior incidencia no medio rural relacionado cos pesticidas, industria da madeira, augas de pozo, etc.

Pregunta 8:Que opinión ten sobre o articulo – A vida milagre de Basilio – en La Voz de Galicia. É positivo ou negativo ?

Resposta:Nese artigo hai varias inexactitudes. En primeiro lugar, os enfermos operados de Parkinson poden viaxar en calquera medio de transporte. Aos enfermos de Parkinson dáselles un carné cos datos de dispositivo que achegan para que cando teñan que viaxar en avión, sexan chequeados manualmente e non polo detector, debido a que os arcos de detección producen un campo magnético que pode apagar o sistema, pero en ningún caso, aínda apagándose o sistema vai ter ningunha repercusión negativa agás que hai que volver acendelo. Salvo esta cuestión, non hai ningún problema para viaxar. Desde o punto de vista da entrevista, a información que se ofrece ten varios erros que non se axustan á realidade.

Pregunta 9:Na progresión da enfermidade, pásase sempre ou case sempre dun parkinson unilateral a un bilateral dun xeito progresivo?

Resposta:Si, na maioría dos enfermos a enfermidade comeza unilateral e ao cabo dos anos os síntomas fanse bilaterais. Hai algúns casos onde a enfermidade permanece unilateral durante moitos anos, sobre todo aqueles enfermos onde predomina o temblor.

Pregunta 10:Doutor Castro, pola súa extraordinaria experiencia, porque a xente nova non manifesta que ten a enfermidade de Parkinson ?.

Resposta:A miña experiencia demóstrame que a xente nova non oculta a enfermidade necesariamente máis que xente de maior idade, é cuestión de personalidade.

Pregunta 11: O 15/07/2012 colocáronme unha máquina ( bomba) (DUODOPA), a partir dese momento atópome ben. Sinto con forzas para conducir, poderían darme un informe?

Resposta:Esa cuestión terá que ser avaliada na próxima revisión clínica. De todos os xeitos, se a melloría clínica é significativa, non exclúe que poida volver conducir.

Pregunta 12:Nos medios aparece cada certo tempo unha investigación alentadora para os enfermos. ¿Cal é o seu entender o descubrimento máis esperanzador dos últimos tempos?

Resposta:A investigación nestes momentos que pode ter un futuro prometedor é, sobre todo, a terapia xénica, que dalguna maneira pode revertir parte dos problemas da enfermidade. Pero de momento aínda se está pendente dos resultados desta técnica.

Pregunta 13:¿Sale moi caro facerse socio de Parkinson Compostela?

Resposta:Non é para nada caro. Son 100 euros ao ano e con esta cuota o enfermo ten dereito ás terapias a un prezo módico. Neste momento, por 10 euros ao mes, os socios teñen dereito a realizar logopedia e fisioterapia. Agora mesmo, o que máis interesa á asociación é que aumente o número de socios. Sempre atoparán o maior apoio e seriedade ante esta enfermidade. Dende aquí, quero agradecerlle a todos os que fan posible que esta asociación siga manténdose. Aproveito para invitar a todos os que queiran coñecernos a que se acerquen mañá ao Salón de Actos da Casa das Asociacións CABES onde haberá unha serie de profesionais relacionados coa enfermidade de Parkinson que contestarán a todas as preguntas que queiran facer e o xoves – Día Mundial do Parkinson – como todos os anos, teremos a nosa mesa informativa na Praza do Toural en Santiago de Compostela. Estas actividades están abertas a todo o mundo.

Pregunta 14:Que inflúe o exceso de peso nesta enfermidade de Parkinson ?

Resposta:Na enfermidade onde a mobilidade está reducida, é importante non ter sobrepeso, como en calquera outro tipo de enfermidade pero non cabe dúbida que o exceso de peso dificulta que os movemento se fagan coa mesma axilidade ou soltura.

Pregunta 15:Pódense sufrir síntomas psicóticos na enfermidade de Parkinson?

Resposta:Nalgunhas fases do Parkinson avanzado poden presentarse síntomas psicóticos pero, xeralmente, están relacionados co exceso de medicación ou con algúns fármacos que en principio son útiles para mellorar a mobilidade pero que nas fases avanzadas poden producir efectos secundarios deste tipo. Estes síntomas son reversibles, axustando a medicación ou tratándose con neuroléticos atípicos.

Pregunta 16:Cren que algún día veremos unha cura para esta enfermidade?

Resposta:Sen dúbida algún día si. Esperamos que non sexa moi afastado pero una das premisas importantes é descubrir cal é a causa ou causas que produce a enfermidade.

Pregunta 17:Que se pode facer para que unha persoa con Parkinson teña maior calidade de vida?

Resposta:Primeiro, por parte do médico, facer un tratamento adecuado á fase da enfermidade. Por parte do enfermo, cumprir devandito tratamento, facer unha actividade física diaria sistemática. Por parte da familia ou da contorna, un apoio constante sobre estes enfermos e unha comprensión adecuada á enfermidade.

Pregunta 18:ola, lin un artigo sobre un novo fármaco aínda experimental chamado atremorine obtido da vicia faba. sabe se se comercializa ?, que opinión  lle merece?. grazas

Resposta:De momento non está comercializado nin sabemos que vaia a ser comercializado. Necesitará estudos con ensaios clínicos para valorar se pode ser últil ou non. A vicia faba é de onde se extrae a levodopa que é o medicamento principal da enfermidade de Parkinson. Mentres non se vexan os resultados, non podemos opinar sobre isto.

Publicado en NOVAS | Etiquetado , , | Deixar un comentario

DIA MUNDIAL DO PARKINSON

Seguindo cos actos programados dende a Concellaría de Sanidade de Culleredo polo día Mundial do Parkinson, mañá 9 de abril de 18.00 a 20.00 hs, no enlace que habilitaremos nesta mesma páxina, realizaremos o FORO EXPERTOS cos seguintes profesionais:

  • Dr. Alfonso Castro García. Médico especialista de Neuroloxía do Complexo Hospitalario Universitário de Santiago.
  • Dna. Carmen Guillin Gendre. Presidenta da Asociación Parkinson Compostela.

E as 20.30 hs, no Teatro Colón, a beneficio da Asociación Parkinson Coruña, gala solidaria. Entradas en http://www.servinova.com e nas billeteiras do Teatro.

Cartaz Gala Parkinson Teatro Colón

 

Publicado en ACTOS, EVENTOS, NOVAS | Etiquetado , , , , , , | Deixar un comentario

CULLEREDO PARTICIPA NA GALA DA ASOCIACIÓN PARKINSON GALICIA/CORUÑA

Hoxe 3 de abril, ás 18.00 no Centro Cívico dos Mallos, a Coral Municipal do Concello de Culleredo, participará na Gala Benéfica organizada pola Asociación Parkinson Coruña. Podedes descargar o programa premendo AQUI

CMYK b‡sico

Publicado en ACTOS, EVENTOS, NOVAS | Etiquetado , , , | Deixar un comentario